Diferenzas entre revisións de «Pedro Barrié de la Maza»

m
datiños e referencias
m (lig int)
m (datiños e referencias)
 
Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como [[Aluminio de Galicia]], [[Gas Madrid]], [[La Toja]], [[Minero Siderúrgica de Ponferrada]], [[PEBSA]] etc.
 
Foi procurador en Cortes designado por Franco dende [[1946]] até a súa morte en 1971.
 
En [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] e a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].
 
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]]<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ACBABC |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
 
En [[1966]] creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]] hoxe absorbido por [[Banco Popular]]
 
== Vida persoal ==
Casou en [[1916]] con Amalia Torres Sanjurjo, filla de [[Eduardo Torres Taboada]], que finou en 1952<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo]</ref>. Volveu casar en [[1966]] con [[Carmela Arias Díaz de Rábago]], filla do seu curmán [[Vicente Arias de la Maza]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2812420.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Barrie de la Maza, Pedro}}
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]
[[Categoría:Banqueiros de Galicia]]
[[Categoría:Procuradores en Cortes galegos]]
[[Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Condes]]
95.543

edicións