Sorbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 39:
As [[folla]]s son alternas, caedizas, imparipinnadas, con 11-21 [[folíolo]]s oblongo-lanceolados, aveludados pola face superior e un chisco amarelentos polo anverso. As [[flor]]es son de cor branca ou do leite, con cinco [[pétalo]]s, reunidas en [[corimbo]] duns 1,5 centímetros de [[diámetro]]. O [[froito]], a [[sorba]], é un [[Pomo (froito)|pomo]] carnoso, piriforme (semellante ao [[Pereira brava|pero]] bravo) arredondado duns 2,5 centímetros; de novos son verdes mais acadan unha cor encarnada castaña ao chegaren. Rosea na primavera e os froito apáñanse a finais do verán.
 
[[Ficheiro:Sorbus-domestica.jpg|miniatura|esquerda|Sorbas verdes]]
O froito, chamado sorba, é unha drupa carnosa, piriforme arrondeada de 2,5 cm, semellante á [[pera]], a súa cor ao primeiro é verde pero o madurecer adquiren unha cor acastañada, esta maduración prodúcese ao comezo do outono. Froito comestible, os froitos apañados cómpre sobremaduralos en palla para seren comestíbeis. Empréganse para facer [[marmelada]]s e algunhas bebidas alcohólicas fermentadas, nalgunhas partes de Centroeuropa déixanase secar, a xeito de uvas pasas. Tamén se elaboran con eles unha [[fariña]] que se mestura coa dos cereais para darlle sabor.