Diferenzas entre revisións de «Serra da Enciña da Lastra»

m
{{fusión desde|Serra deda Enciña da Lastra}}
 
| imaxe = [[Ficheiro:Castanea sativa.004 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|250px[[Castiñeiro]] na Serra da Enciña da Lastra|miniatura]]
{{Espazo natural
O '''Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra''' é unha paraxe protexida que comprende a contorna da [[Serra da Enciña da Lastra]], unha das [[serras orientais de Galiza]]. Está situado na zona nordés da [[provincia de Ourense]], no concello de [[Rubiá]], [[comarca de Valdeorras]], xusto no límite coa comarca do [[Bierzo]]. Foi declarado [[Parque natural]] no ano [[2002]]. Ten unha extensión de 31513.151,67 [[ha]] e unha altitude media de 684 m.
| nome = Serra da Enciña da Lastra
| imaxe = [[Ficheiro:Castanea sativa.004 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|250px]]
| Figura de Protección = [[Parque natural]]
| Ano de constitución = [[2002]]
| Superficie protexida = 3151,67 ha
| Lexislación =
| País = {{GAL}}
| Provincias = [[Provincia de Ourense]]
| Concellos = [[Rubiá]]
| Ríos =
| Picos =
| Direccións de interese =
| Teléfonos de interese =
}}
O '''Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra''' é unha paraxe protexida que comprende a contorna da [[Serra da Enciña da Lastra]], unha das [[serras orientais de Galiza]]. Está situado na zona nordés da [[provincia de Ourense]], no concello de [[Rubiá]], [[comarca de Valdeorras]], xusto no límite coa comarca do [[Bierzo]]. Foi declarado [[Parque natural]] no ano [[2002]]. Ten unha extensión de 3151,67 [[ha]] e unha altitude media de 684 m.
 
O parque abrangue a serra e un [[val]] [[Calcaria|calcario]] de pendentes pronunciadas e [[cantil|cantís]] entre os que destacan a [[Pena Falcoeira]], o [[Val do Inferno]] ou os [[Penedos de Oulego]]. O [[río Sil]] discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o [[río Galir]], alén da existencia doutros regatos estacionais.<ref>[http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Parques_naturais/seccion.html&std=Serra_da_Encinha_da_Lastra.html Serra da Enciña da Lastra] na web de Parques Naturais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza ([[Xunta de Galicia]]), consultada o 27 de maio de 2014</ref>
 
Os puntos de máxima altitude da serra son [[O Piornal]], con 15291.529 metros sobre o nivel do mar e a [[Pena Tara]], con 10891.089 metros, nos Penedos de Oulego.
 
Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a [[rexión mediterránea]] e a [[rexión eurisiberiana|eurosiberiana]], o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de [[ave rapaz|aves rapaces]], entre as que destaca a presenza do [[voitre branco]], [[aguia real]] e [[falcón peregrino]]. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes [[cova]]s - que aquí se denominan [[Pala (espeleoloxía)|palas]] - que acubillan importantes colonias de [[morcego]]s, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os [[aciñeira]]is de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia. Están caracterizados pola aciñeira. E o [[érbedo]] acompañados por arbustos mediterráneos como ''[[Genista hystrix]]'', o [[aderno de folla estreita]] (''[[Phillyrea angustifolia]]'') ou o [[escornacabras]] (''[[Pistacia terebinthus]]''), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola [[sobreira]], a [[abeleira]], e o [[cancereixo]], e en cuxos claros aparecen a [[lavanda]] e diferentes especies de [[xara]]s. Tamén característicos da zona son os espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que cabe significar diferentes especies de [[cerdeira]]s, [[abruñeiro]]s, [[escornacabras]], [[estripeiro]]s, [[Rosa canina|roseiras bravas]] e [[Silva (botánica)|silvas]].
 
Presentan tamén un grande interese os [[salgueiro|salgueirais riparios]], que, a pesar de se atoparen limitados pola influencia do encoro de Penarrubia, se corresponden cunha asociación propia do tramo do Sil a cabalo das provincias de [[provincia de Ourense]] e [[provincia de León]], na que se dá unha gran variedade de salgueiros, acompañados polo [[lodoeiro]], o [[freixo]], e o [[amieiro|ameneiro]]. Pola súa parte, os vellos [[Souto (botánica)|soutos]] de [[castiñeiro]]s contan cunha notable extensión e están ben implantados nos arredores de aldeas, como en Oulego, [[Covas, Rubiá|Covas]], [[Biobra, Rubiá|Biobra]] ou [[Pardollán, Rubiá|Pardollán]], conservando exemplares centenarios.
 
=== Fauna ===