Banda Municipal de Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 48:
Baixo a batuta de José Fernández García, procedente de Bermés, os 26 integrantes, entre os que destacaron o percusionista Remigio Montoto e o clarinetista José Suárez (no momento da formación ambos na [[Banda de música de Lalín|banda de Lalín]]), o bombardinista Jesús Ferreiro, o tuba Manuel Montoto (retornado da [[Banda Artística de Merza|Artística de Merza]]) e o tamén clarinetista Luis Pardo, entre outros, comezaron a actuar en [[maio]] dese mesmo ano co gallo da celebración da Semana Verde, onde tocaron 5 días. Festas como [[Saídres, Silleda|Saídres]], Silleda ou O Castro serviron como escaparate da nova formación. Nos anos seguintes comezou a gañar de novo popularidade, superando as 50 actuacións por toda Galicia. Subvencionada pola Fundación Semana Verde, pasa a selo en [[1989]] polo Concello de Silleda. Nesta mesma data tomou as rendas da formación o xoven músico Manuel Molinos, trompetista e profesor de conservatorio, actualmente director da Banda de [[Noia]] e da Coral Polifónica Trasdeza de Silleda. Coa batuta nas súas mans, a Banda acada un promedio de 75 a 80 actuacións por ano no bienio [[1990]]-[[1992]]. En [[1994]] asumiu a dirección José Ángel Presa Carrera e tras el pasaron pola dirección Javier Viceiro Filgueira ([[1997]]), o [[valencia]]no Octavio Más Arocas ([[1999]]), José Luis Quintá e José Luis Represas Carrera ([[2004]]), ata o actual director, o [[Alacant|alacantino]] Rafael Agulló Albors, que dirixe a formación desde [[2006]].
 
No ano [[2013]], co gallo do 125º aniversario da súa fundación, a agrupación organiza unha serie de actividades ao longo do ano, como concertos, ou exposicións de fotos, ademais da presentación dun libro sobre a súa historia<ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/03/03/banda-silleda-programa-actividades-meses-125-aniversario/767335.html Faro de Vigo 03/03/2013]</ref>
 
=== A escola de música ===