Evolución converxente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
 
Para un determinado trazo que evoluciona en dúas liñaxes a partir dun determinado antepasado ata un descendente, deben definirse estritamente e diferenciar os procesos de evolución paralela e evolución converxente.<ref name="Zhang">Zhang, J. and Kumar, S. 1997. [http://www.kumarlab.net/pdf_new/ZhangKumar97.pdf Detection of convergent and parallel evolution at the amino acid sequence level]. ''Mol. Biol. Evol.'' '''14''', 527-36.</ref>
Cando os descendentes das dúas liñaxes son similares nun desterminado aspecto, a evolución defínese como paralela se os antepasados considerados desas liñaxes eran tamén similares entre si (pero diferentes da forma moderna), e como converxente se non o eran.
 
Cando as formas ancestrais non están especificadas ou son descoñecidas, ou o conxunto de trazos considerado non está claramente especificado, a distinción entre evolución converxente e paralela é máis subxectiva. Por exemplo, o caso das formas de mamíferos placentarios e marsupiais é descrita por [[Richard Dawkins]] no seu libro ''[[The Blind Watchmaker]]'' como un caso de evolución converxente,<ref>{{Cita libro| last = Dawkins| first = Richard| authorlink = Richard Dawkins| year= 1986| title = [[The Blind Watchmaker]]| publisher = W. W. Norton & Company, Inc.| isbn = 0-393-31570-3| pages=100–106|ref=harv}}</ref> porque os mamíferos de cada continente tiñan unha historia evolutiva longa antes da extinción dos [[dinosauro]]s na que acumular diferenzas relevantes. [[Stephen Jay Gould]] describe moitos dos mesmos exemplos como evolución paralela empezando desde o antepasado común de todos os marsupiais e placentarios. Moitas semellanzas que evolucionaron poden describirse en concepto como evolución paralela a partir dun antepasado remoto, coa excepción das estruturas bastante diferentes que son utilizadas para unha función similar. Por exemplo, consideremos a especie ''[[Mixotricha paradoxa]]'', un microbio que presenta un sistema de remos que parecen [[cilio]]s e [[corpo basal|corpos basais]] que lembran aos dos [[ciliados]], pero que en realidade son pequenos microorganismos [[simbiose|simbiontes]], ou as colas con diferente orientación que teñen os peixes e as baleas. Polo contrario, calquera caso no que dúas liñaxes non evolucionan xuntas ao mesmo tempo no mesmo ecoespazo poderían describirse como evolución converxente nalgún momento no tempo.