Evolución paralela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
Igual que na evolución converxente, o [[evolución converxente|relevo evolutivo]] (''evolutionary relay'') describe como especies independentes adquiren características similares por medio da súa evolución en [[ecosistema]]s similares, mais non ao mesmo tempo, como nas aletas dorsais de [[tiburón]]s, [[cetáceo]]s e [[ictiosauro]]s.
 
<!--
=== Exemplos ===
 
Liña 36 ⟶ 37:
* O ollo do polbo ten a mesma estrutura complicada que o ollo humano, aínda que a diverxencia entre as dúas liñaxes é moi remota.
* Certas especies de ras arbóreas, as [[ra voadora|ras 'voadoras']], do Vello E Novo Mundo de distintas familias ([[Rhacophoridae]] e [[Hylidae]]) desenvolveron a habilidade do [[voo planado]]. Teñen "pés e mans agrandados, membrana interdixital completa entre todos os dedos e dedas, extensións laterais de pel nos brazos e pernas, e un peso reducido para a súa lonxitude fociño-ano". <ref>Emerson, S.B., & Koehl, M.A.R. (1990). "The interaction of behavioral and morphological change in the evolution of a novel locomotor type: 'Flying' frogs." ''Evolution'', 44(8), 1931-1946</ref>
-->
 
==== Evolución paralela entre marsupiais e placentarios ====
Un dos exemplos máis espectaculares de evolución paralela proporciónano as dúas pólas principais en que se dividiron os [[mamífero]]s: [[placentario]]s e [[marsupiais]], que seguiron vías evolutivas independentes ao separánrense as masas de terra do antigo continente de [[Gondwana]] hai uns 100 millóns de anos. En [[Neotrópico|Suramérica]], os marsupiais e os placentarios compartiron o ecosistema (antes da conexión entre América do Norte e do Sur); en [[Australia (continente)|Australia]], os marsupiais prevaleceron; e no Vello Mundo os placentarios foron os vencedores. Anteriormente, en todos eses lugares os mamíferos eran pequenos e ocupaban postos limitados no ecosistema ata que se produciu a [[evento de extinción cretáceo-paleoxeno|extinción en masa dos dinosauros]] hai 60 millóns e anos. Nese momento, os mamíferos das tres masas de terra empezaron a presentar unha maior variedade de formas e papeis no ecosistema. Aínda que algunhas formas eran únicas de cada ambiente, a miúdo xurdiron tamén animais sorprendentemente similares en dous ou nos tres dos continentes separados. Exemplos destes casos son os [[Litopterna|litopternos]] e os [[cabalo]]s, cuxas patas son difíciles de distinguir; os tigres dentes de sabre placentarios ([[Machairodontinae]]) e o marsupial dentes de sabre suramericano ''([[Thylacosmilus]])''; o [[lobo de Tasmania]] e o [[lobo]] placentario; e as [[Talpa|toupa]]s placentarias e marsupiais, esquíos voadores e probablemente os ratos [[Antechinus]].