Evolución paralela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
==== Evolución paralela entre marsupiais e placentarios ====
Un dos exemplos máis espectaculares de evolución paralela proporciónano as dúas pólas principais en que se dividiron os [[mamífero]]s: [[placentario]]s e [[marsupiais]], que seguiron vías evolutivas independentes ao separánrense as masas de terra do antigo continente de [[Gondwana]] hai uns 100 millóns de anos. En [[Neotrópico|Suramérica]], os marsupiais e os placentarios compartiron o ecosistema (antes da conexión entre América do Norte e do Sur); en [[Australia (continente)|Australia]], os marsupiais prevaleceron; e no Vello Mundo os placentarios foron os vencedores. Anteriormente, en todos eses lugares os mamíferos eran pequenos e ocupaban postos limitados no ecosistema ata que se produciu a [[evento de extinción cretáceo-paleoxeno|extinción en masa dos dinosauros]] hai 60 millóns e anos. Nese momento, os mamíferos das tres masas de terra empezaron a presentar unha maior variedade de formas e papeis no ecosistema. Aínda que algunhas formas eran únicas de cada ambiente, a miúdo xurdiron tamén animais sorprendentemente similares en dous ou nos tres dos continentes separados. Exemplos destes casos son os [[Litopterna|litopternos]] e os [[cabalo]]s, cuxas patas son difíciles de distinguir; os tigres dentes de sabre placentarios ([[Machairodontinae]]) e o marsupial dentes de sabre suramericano ''([[Thylacosmilus]])''; o [[lobo de Tasmania]] e o [[lobo]] placentario; e as [[Talpa|toupa]]s placentarias e marsupiais, esquíos voadores e probablemente os ratos [[Antechinus]].
 
== Notas ==