A Monteira (periódico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
m correccións con AWB using AWB
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Outroshomónimos|A Monteira (homónimos)}}
'''''A Monteira''''' foi un semanario cultural [[Galicia|galego]] editado en Lugo entre [[1889]] e [[1890]] e dirixido por [[Amador Montenegro Saavedra]] ([[1864]]-[[1932]]). O seu obxectivo rexionalista quedaba evidenciado no subtítulo que acompañaba á cabeceira: "''Somanario de intreses rexionales e literatura''".
 
Publicáronse en total só 65 números, entre o [[5 de outubro]] de [[1889]] e o [[27 de decembro]] de [[1890]]. En [[1989]], a [[ Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]] publicou un facsímile coa colección completa (ISBN 84-453-0068-7).
 
==Liña editorial e obxectivos==
Liña 12:
{{Cita|Espresémonos en gallego onde queira que teñamos gallegos con quén conversar.<ref>''A Monteira'', 52, 410.</ref>}}
 
{{Cita|Comprendemos tamén que muitas presonas pensan que c'o gallego non se poden expoñer asuntos séreos... seguiremos traballando n-o pouco que poidamos tendo en conta as nosas débeles forzas, porque crémos qu'a fala gallega sirve pra todol-os asuntos. <ref>''A Monteira'', 53, 3.</ref>}}
 
Esta constante defensa do galego faise desde diferentes puntos de vista:
Liña 20:
* Académico: ''O ilustre prebendado [López Ferreiro], que non tén a menos esquirbir n-a nosa doce lingoa''.
 
Á parte disto, tampouco se poden esquecer outras iniciativas nesta mesma dirección, como a repetida reclamación da necesidade da creación dunha norma lingüística da que carecía daquela quen quixera escribir en galego. Outro detalle foi o de poñer á venda entre os seus subscritores o ''Diccionario gallego-castellano'' de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol ]] (1876) a metade de prezo.
 
No número 35, publicado o [[31 de maio]] de [[1890]] aparece o texto do poema que se convertería no [[himno galego]], ''[[Os Pinos]]'' de [[Eduardo Pondal]]. A poesía fora escrita para un certame que convocara en tal ocasión o ''Orfeón Coruñés''.
 
Outra liña editorial d'''A Monteira'' foi a recompilación e divulgación de diversos aspectos da cultura tradicional galega, o que converte este semanario nunha fonte de información etnográfica case pioneira. Neste aspecto destacarémo-las coleccións de contos, cantigas e refráns que se publicaron ó longo da súa breve vida, recompilados polo propio Amador Montenegro, [[Saco y Arce]], [[Marcial Valladares]] e outros.
 
==Colaboradores==
Liña 31:
==Desaparición==
''A Monteira'' deixou de publicarse en [[1890]]. No último número despídese dos lectores cunha editorial titulada ''Paréntesis'', que deixa entrever a intención de continuidade. De feito, rexurdiu en [[1891]] cunha nova cabeceira, ''[[O Labrego]]'', editado tamén en Lugo, pero sen éxito pois desapareceu en [[1893]].
{{Cita|A enfermedá que padecen seres que non son moi quiridos, á pouca salú que disfrutamos algús de nosoutros mesmos y-as ocupaciós crecentes d'outros, causas son de que non poidamos atender, como se debe, â pubricación d'o noso somanario e de qu'a suspendamos indefinidamente y-hastra qu'as forzas nos dían novos alentos pra siguir n-unha empresa que consideramos grande: a defensa de Galicia y-a propaganda d'unhos ideás que creemos salvadores. <ref>''A Monteira'', 65, 97.</ref>}}
 
==Notas==