Diferenzas entre revisións de «Serra da Enciña da Lastra»

{{fusión|Serra da Enciña da Lastra}}
({{fusión desde|Serra de Enciña da Lastra}})
({{fusión|Serra da Enciña da Lastra}})
{{fusión desde|Serra deda Enciña da Lastra}}
 
| imaxe = [[Ficheiro:Castanea sativa.004 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|250px[[Castiñeiro]] na Serra da Enciña da Lastra|miniatura]]
{{Espazo natural
| nome = Serra da Enciña da Lastra
| imaxe = [[Ficheiro:Castanea sativa.004 - Serra de Enciña de Lastra.JPG|250px]]
| Figura de Protección = [[Parque natural]]
| Ano de constitución = [[2002]]
| Superficie protexida = 3 151,67 ha
| Lexislación =
| País = {{GAL}}
| Provincias = [[Provincia de Ourense]]
| Concellos = [[Rubiá]]
| Ríos =
| Picos =
| Direccións de interese =
| Teléfonos de interese =
}}
O '''Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra''' é unha paraxe protexida que comprende a contorna da [[Serra da Enciña da Lastra]], unha das [[serras orientais de Galiza]]. Está situado na zona nordés da [[provincia de Ourense]], no concello de [[Rubiá]], [[comarca de Valdeorras]], xusto no límite coa comarca do [[Bierzo]]. Foi declarado [[Parque natural]] no ano [[2002]]. Ten unha extensión de 3.151,67 [[ha]] e unha altitude media de 684 m.
 
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os [[aciñeira]]is de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia. Están caracterizados pola aciñeira. E o [[érbedo]] acompañados por arbustos mediterráneos como ''[[Genista hystrix]]'', o [[aderno de folla estreita]] (''[[Phillyrea angustifolia]]'') ou o [[escornacabras]] (''[[Pistacia terebinthus]]''), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola [[sobreira]], a [[abeleira]], e o [[cancereixo]], e en cuxos claros aparecen a [[lavanda]] e diferentes especies de [[xara]]s. Tamén característicos da zona son os espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que cabe significar diferentes especies de [[cerdeira]]s, [[abruñeiro]]s, [[escornacabras]], [[estripeiro]]s, [[Rosa canina|roseiras bravas]] e [[Silva (botánica)|silvas]].
 
Presentan tamén un grande interese os [[salgueiro|salgueirais riparios]], que, a pesar de se atoparen limitados pola influencia do encoro de Penarrubia, se corresponden cunha asociación propia do tramo do Sil a cabalo das provincias de [[provincia de Ourense]] e [[provincia de León]], na que se dá unha gran variedade de salgueiros, acompañados polo [[lodoeiro]], o [[freixo]], e o [[amieiro|ameneiro]]. Pola súa parte, os vellos [[Souto (botánica)|soutos]] de [[castiñeiro]]s contan cunha notable extensión e están ben implantados nos arredores de aldeas, como en Oulego, [[Covas, Rubiá|Covas]], [[Biobra, Rubiá|Biobra]] ou [[Pardollán, Rubiá|Pardollán]], conservando exemplares centenarios.
 
=== Fauna ===