Vasco da Gama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
Liña 15:
Fillo de Dona Isabel Sodré e Estêvão da Gama ([[1430]]-[[1497]]), cabaleiro da casa D. Fernando de Portugal, Duque de Viseu, quen o nomeou ''Alcalde'' ou ''Capitán Maior'' de [[Sines]] e lle permitiu ingresar parte dos impostos da fabricación de xabón de [[Estremoz]].
 
Segundo os estudos do historiador portugués Teixeira de Aragão, Vasco da Gama tería estudado en [[Évora]], adquirindo coñecementos de matemáticas, navegación ou astronomía.
 
Unha das primeiras referencias que temos del é de [[1492]], cando o rei [[Xoán II de Portugal|Xoán II]] o manda ao porto de [[Setúbal]] co fin de capturar navíos [[Francia|franceses]] na zona.
Liña 54:
Finalmente os portugueses venderon por debaixo do custo as súas mercancías para mercar pequenas cantidades de especias e xoias que levar na viaxe de regreso, que comezaría o [[29 de agosto]] de [[1498]].
 
A viaxe de volta foi moito máis dura que a de ida, tardando 132 días en cruzar o Índico. Ao redor da metade da tripulación perecería a causa do [[escorbuto]], sendo que só 55 homes volveron a [[Portugal]]. Tamén se viron obrigados a abandonar e queimar un dos navios a causa da escasa tripulación, o ''São Rafael''.
 
A primeira nave en chegar a [[Lisboa]] foi a ''Berrio'', o [[10 de xullo]] de [[1499]]. Un mes máis tarde chegou a ''São Gabriel'', pero sen Vasco da Gama, xa que abandonara o navío en [[Cabo Verde]] para fretar unha carabela e levar o seu irmán, moi enfermo, ás [[Illas Azores]] e tentar salvalo, obxectivo que non conseguiría.
Liña 63:
O [[1502]] organizouse unha nova expedición á India formada por vinte navíos de guerra para defender os intereses da [[Reino de Portugal|Coroa de Portugal]] en Oriente. Nun primeiro momento fóiselle encomendada a [[Pedro Álvares Cabral]] pero desentendidos fixeron que finalmente recaese en Vasco da Gama.
 
Antes desta expedición realizouse outra no [[1500]], ao mando do xa mencionado Pedro Álvares Cabral, pero que se desviaría na travesía pola costa occidental de [[África]] e acabaría descubrindo [[Brasil]]. Á súa chegada a Calicut Cabral atopou un ambiente moi hostil xa que aos mercaderesmercadores árabes e indios non lles gustaba a competencia que os portugueses podían significar. Así comezou unha escalada de violencia; Cabral tomou reféns para asegurarse o dereito de comercio e instalou unha factoría. Porén ao interpretar que se romperan os acordos atacou un barco árabe cargado con especias, polo que a factoría foi atacada e as mercancías portuguesas destruídas. Así Cabral abandonou Calicut e dirixiuse a [[Cochin]], un reino rival, onde foi ben recibido. De todas as maneiras emprendeu a viaxe de volta con grandes perdas materiais o que fixo que caese en desgraza na corte portuguesa.
 
Así é como o [[12 de febreiro]] Vasco da Gama zarpa de novo de [[Lisboa]]. No traxecto esixiu o pago dun tributo á [[Kilwa Kisiwani|illa de Kilwa]] (na actual [[Tanzania]]), un dos portos que na primeira viaxe fora hostil, converténdoa en tributaria do Reino de Portugal.
 
Nesta viaxe deuse o primeiro avistamento rexistrado por parte dun europeo das [[Seixeles|Illas Seychelles]], que Vasco da Gama bautizou como ''Ilhas Almirante'', na súa honra.
 
No norte do [[Océano Índico]] capturou un importante cargamento procedente da [[A Meca|Meca]], apoderándose das mercancías e queimando o navío. Ao chegar o [[30 de outubro]] a Calicut, isto unido aos bombardeos consecutivos realizados por Cabral e [[João da Nova]] fixeron que o Samoothiri estivera disposto a asinar un tratado.