Coevolución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Tipos de coevolución: de es:Coevolución
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
O cuarto tipo é a coevolución diversificante, na cal as interaccións altamente específicas teñen como resultado o illamento reprodutivo e a [[especiación]], producindo algunhas veces amplos taxóns de especies interactuantes asociadas.
 
O quinto é a coevolución de escapar e radiar que explicaron Ehrilch e Raven en 1964. Por exemplo, unha planta "escapa" do ataque dun grupo de herbívoros cuandocando unha mutación produce unha novidosa defensa química; isto vai seguido da evolución do herbívoro adaptándose e soportando a nova defensa química da planta, ocasionando unha "radiación" de especies para ambos os grupos, tanto para as plantas coma para os herbívoros.
 
Ademais, a coevolución pode ocorrer entre pares de entidades (coevolución por pares), da que son exemplos a coevolución predador-presa, hóspede e simbionte ou hóspede e parasito. Porén, algúns exemplos de coevolución son menos claros; por exemplo: unha especie pode evolucionar en resposta a máis dunha especie. Se esta coevolución ocorre de modo non aditivo, cando este tipo de coevolución denomínase coevolución difusa.<ref>Juenger, Thomas, and Joy Bergelson. "Pairwise versus diffuse natural selection and the multiple herbivores of scarlet gilia, Ipomopsis aggregata." Evolution (1998): 1583-1592.</ref>