Diferenzas entre revisións de «Ilota»

(arranxo)
É certo que unha parte do ilotismo é resultado das conquistas: é o caso dos [[Mesenia|mesenios]], reducidos no [[século -VIII]] nas guerras mesenias. Ademais, [[Heródoto]] chama «ilotas» aos mesenios.
 
Respecto dos primeiros ilotas, a situación é menos clara. Segundo a tradición (Teopompo), serían os descendentes dos habitantes iniciais, [[aqueos]], que á chegada dos dorios foron sometidos. Pero todos os aqueos non puideron ser reducidos ao ilotismo: así, a cidade de Amiclas, sede das Xacintias, gozaba dun status privilexiado. Outros autores antigos propoñen teorías alternativas: segundo Antíoco de Siracusa, os ilotas son os lacedemonios que orixinalmente non participaron nas guerras mesenias. Para [[Éforo de Cumas]], son os periecos de Helo, rebelados e despois reducidos á escravitude. A [[historiografía]] moderna apoia a tese de Antíoco de Siracusa.
 
== Historia ==
52.506

edicións