Diferenzas entre revisións de «Samo»

m
correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB)
[[Ficheiro:Samon.jpg|miniatura|200px|Fresco que representa a '''Samo''' na igrexa de Santa Catarina, en [[Znojmo]], século XII.]]
 
'''Samo''', tamén coñecido como o '''rei Samo''' foi o primeiro gobernante [[eslavo]] do que se coñece o nome.
 
Ao parecer era un comerciante [[francos|franco]] que, aproveitando unha derrota dos [[ávaros]] ante os [[Bizancio|bizantinos]], sublevou aos eslavos contra os ávaros, formando, con axuda franca, un efémero reino que se estendía sobre gran parte das tribos eslavas ([[Chequia|checos]], [[Moravia|moravos]], [[Eslovaquia|eslovacos]], [[Eslovenia|eslovenos]] e algúns máis do sur), desde o [[Río Elba|Elba]] até as proximidades do [[Adriático]].
 
É o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.<ref>Jozko Šavli, ''Karantanija'', Editorial Humar, Nova Gorica, 2007.</ref>
 
Como tal rei, identifícase como o fundador dos reinos nas historiografías de [[Bohemia]] e [[Eslovaquia]]. Pero é difícil separar o real do lendario.
 
== Controversia sobre a súa orixe ==
Existe controversia sobre a súa [[nacionalidade]]. Segundo a historiografía francesa era franco, como afirma [[Fredegario]] no ''Fredegarii Chronicon'', onde di que é do ''Pagus Senonagus'', polo que a maioría dos autores antigos quixeron ver aí ''Senonico'' (rexión de [[Sens]], [[Yonne, Francia|Yonne]], [[Francia]]).
 
Pero outros autores pensan doutra forma.<ref>Dom Martin Bousquet, [http://books.google.be/books?id=jpGcffgOOycC&pg=PA432&lpg=PA432&dq=pago+senonago&source=bl&ots=2HV264Yjc4&sig=pPL4jp847BEiPbwf3U7TJ05i6DY&hl=fr&ei=tlLnTde8LYmbOp-Vjb0J&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CEAQ6AEwBQ#v=onepage&q=pago%20senonago&f=false Recueil des historiens de Gaules et de la France], Paris, 1739. {{la}} Consultada o 7/12/2011.</ref> <ref>''Mais la plupart des historiens de la France se sont obstinés à voir "Sens" dans l'expression de Fredegaire. S'il s'agissait de Sens, il y aurait civitas ou urbs et non pagus; il y aurait Senonia ou Senonum civitas et non Senonagus. Ce nom anciennement donné à Soignies aussi bien que 'Sonegiœ' et 'Sogniacum' dans le moyen âge, vient pourtant de Senones, parce que Soignies fut fondée à ce que l'on croit, au temps de Clovis, par des marchands de Sens, que le roi de Tournai y attira. Voyez Bruzen de la Martinière etc. in "Fastes Militaires"'': Pero a maioría dos historiadores de Francia empeñáronse en ver "Sens" na expresión de Fredegario. É dicir, se o fora, habería unha ''civitas'' ou ''urbs'' e non un ''pagus''; habería unha ''Senonia'' ou ''Senoiam civitas'' e non un ''Senonagus''. Este nome dado antigamente a Soignies así como 'Sonegiœ' e 'Sogniacum' na Idade Media, vén porén de Senones, porque Soignies foi fundada, polo que se cre, no tempo de Clovis, polos comerciantes de Sens, que o rei de Tournai aí atraera. Véxase Bruzen de la Martiniere etc. in "Fastes Militaires" V. infra.</ref> <ref>"[http://books.google.be/books?pg=PA203&dq=soignies&ei=vhrmTaSKKYWdOobW4d0J&ct=result&id=1ABBAAAAcAAJ&hl=fr#v=onepage&q=soignies&f=false Fastes militaires des Belges]", T.1, Bruxelles, 1835. {{fr}} Consultada o 7/12/2001.</ref> <ref>Théophile Lejeune, [http://books.google.be/books?id=Dbs6AAAAcAAJ&pg=PA181&dq=%22samon%22+soignies&hl=fr&ei=L5PmTfPTHMGbOr7OsdEJ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDMQ6AEwAg#v=onepage&q=%22samon%22%20soignies&f=fals Historia civil e eclesiástica da cidade de Soignies] in Société des Sciences, des Arts et des Lettres du Hainaut, Concours, 1868-1869. {{fr}} Consultada o 7/12/20011.</ref>
 
Martin Bousquet explica que as notas marxinais que facían de ''Pago Senonago'', ''pro senonico'' (o senonés) son erróneas e que el considera que ''Pago Senonago'' é ''Sengaw'' (o territorio do [[río Senne|Senne]]), é dicir, [[Soignies]], [[Provincia de Hainaut|Hainaut]], ([[Bélxica]]).
 
== A súa historia ==
Samo comerciaba coas tribos eslavas. Era un xefe de escolta militar das caravanas de mercaderesmercadores.
 
Todos os anos, desde o final do [[século V]], os [[ávaros]] entraban na terra dos eslavos para saqueala. Quedaban alí durante todo o inverno, reducindo aos eslavos como escravos e tomando ás súas esposas e fillas como concubinas.
 
Os [[eslavos]] organizan en [[620]] a súa defensa, e escollen a Samo como xefe.<ref>De acordo coa crónica de Fredegario, Anno 623, páx. 131: "O ano corenta do reinado de Clotario".</ref>. Cando os ávaros regresaron ao ano seguinte, foron completamente derrotados.
54.231

edicións