Cidade Vella da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 7:
A orixe da Cidade Vella da Coruña provén da fundación oficial da vila en xuño de 1208. Nos seus inicios a cidade consistía nun núcleo situado arredor da [[Colexiata de Santa María do Campo|igrexa de Santa María]] e o pequeno barrio portuario do Parrote, coa [[Igrexa de Santiago da Coruña|igrexa de Santiago]]. Foi durante varios séculos o conxunto da cidade ata que o crecemento da poboación superou o recinto amurallado.
 
Ao longo dos séculos XVI e XVII a cidade viu xurdir os núcleos de San Tomé, barrio agrícola, e a [[A Pescadería, A Coruña|Pescadería]], que se converteu na zona mercantil de comercial. Nese tempo a Cidade Alta era a zona máis nobre da Coruña e concentraba os principais edificios públicos, como o Concello, a [[Real Casa da Moeda da Coruña|Casa da Moeda]] e a [[Palacio de Capitanía|Real Audiencia]]. Fóra do recinto tivéronse que instalar os conventos de [[Convento de San Domingos da Coruña|San Domingos]] e [[Igrexa de San Francisco da Coruña|San Francisco]], debido asás restricións lexislativas.
 
== Descrición==