Atlanta Flames: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Traslado a Calgary: poño entón o de media máximA
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños de redacción e cambio General Manager> Xerente Xeral
Liña 17:
Os '''Atlanta Flames''' foron un equipo profesional de [[hóckey sobre xeo]] da cidade de [[Atlanta]], [[Xeorxia, Estados Unidos|Xeorxia]] ([[Estados Unidos]]) que competiron na [[National Hockey League]] (NHL) entre [[1972]] e [[1980]]. Xogaban os seus partidos como local no [[Omni Coliseum]] de Atlanta e eran membros da [[West Division (NHL)|West Division]] e posteriormente da [[Patrick Division]] da NHL. Xunto cos [[New York Islanders]], os Flames foron creados en 1971 no marco do conflito entre a NHL e a rival [[World Hockey Association]] (WHA). O equipo gozou dun éxito modesto no xeo, clasificándose para os ''play-offs'' en seis das súas oito participacións na liga, mais non conseguiron superar ningunha eliminatoria e tan só conseguiron gañar dous partidos das series en total. A franquía esforzouse por atraer aos seareiros, mais despois de reunir unha media de tan só 10.000 espectadores por partido na [[Tempada 1979-1980 da NHL|tempada 1979–80]], foi vendida e recolocada en [[Alberta]] baixo o nome de [[Calgary Flames]].
 
[[Eric Vail]] foi o máximo goleador da franquía con 174, mentres que [[Tom Lysiak]] liderou ao equipo con 431 puntos. [[Guy Chouinard]] foi o único xogador da franquía que conseguiu anotar 50 goles nunha única tempada. O porteiro [[Dan Bouchard]] liderou ao equipo en vitorias (166) e [[shutout]]s (20). Dous xogadores dos Flames gañaron o [[Calder Memorial Trophy]] ao mellor ''rookie'':<ref group="nota">O termo ''rookie'' fai referencia aos xogadores no seu primeiro ano na liga.</ref> Vail enna [[Tempada 1974-1975 da NHL|tempada 1974–75]] e [[Willi Plett]] na [[Tempada 1975-1976 da NHL|tempada 1975–76]]. [[Bob MacMillan]] gañou o [[Lady Byng Memorial Trophy]] ao xogador co maior espírito deportivo na [[Tempada 1978-1979 da NHL|tempada 1978–79]]. O ''GeneralXerente Manager''Xeral [[Cliff Fletcher]] é o único membro da franquía que foi introducido no [[Hockey Hall of Fame]].
 
== Historia ==
Liña 24:
A [[National Hockey League]] (NHL), que aumentara o número de equipos participantes de seis en 1966 a catorce en 1970, non tiña planeada ningunha outra ampliación ata polo menos 1973. A formación en 1971 dun nova gran liga profesional, a [[World Hockey Association]] (WHA), alterou os plans da NHL e deu como resultado unha loita entre as dúas ligas polos xogadores e os mercados.<ref name="LongWar">{{Cita noticia |apelidos=Mellor |nome=Bob |url=http://news.google.com/newspapers?id=07oyAAAAIBAJ&sjid=wOwFAAAAIBAJ&pg=4878%2C3197514 |título=The start of a long war |xornal=Ottawa Citizen |data=10 de novembro de 1971 |dataacceso=4 de febreiro de 2016 |páxina=23 |lingua=en}}</ref> A NHL tratou de excluír a WHA do recentemente construído [[Nassau Veterans Memorial Coliseum|Nassau Coliseum]] en [[Long Island]], [[Estado de Nova York|Nova York]].<ref name="1971Expansion">{{Cita noticia |apelidos=Bock |nome=Hal |url=http://news.google.com/newspapers?id=owsrAAAAIBAJ&sjid=XZoFAAAAIBAJ&pg=2798,6860396 |título=NHL admits Long Island, Atlanta; sees two more |xornal=Reading Eagle |date=10 de novembro de 1971 |dataacceso=4 de febreiro de 2016 |páxina=65 |lingua=en}}</ref> A liga tamén optou por situar un equipo no sur dos Estados Unidos.<ref name="2008ASGRetrospective">{{Cita web |apelidos=McGourty |nome=John |url=http://www.nhl.com/ice/news.htm?id=370370 |título=Former Flames recall hot times in Atlanta |editorial=National Hockey League |data=24 de xaneiro de 2008 |dataacceso=4 de febreiro de 2016 |lingua=en}}</ref> O 9 de novembro de 1971, a NHL anunciou que crearía dous equipos de expansión en Long Island e Atlanta.<ref name="1971Expansion" /> A franquía de Atlanta foille concedida a [[Tom Cousins]], que tamén posuía o equipo de baloncesto dos [[Atlanta Hawks]], e xogaría os seus partidos como local no [[Omni Coliseum]].<ref name="Boer13">{{Cita Harvard|Boer|2006|p=13}}</ref> O custo do equipo foi de 6 millóns de [[dólar estadounidense|dólares]].<ref name="LongWar" /> Cousins púxolle o nome de Flames (chamas, lapas, labaradas) á nova franquía en homenaxe ao incendio de Atlanta por parte do xeneral estadounidense [[William Sherman]] durante a [[Guerra Civil Estadounidense]].<ref name="Boer13" />
 
Os Flames contrataron a [[Cliff Fletcher]], que xa traballara para os [[St. Louis Blues]], para exercer de ''GeneralXerente Manager''Xeral dedo equipo.<ref>{{Cita Harvard|Boer|2006|p=14}}</ref> O ex-xogador dos [[Montreal Canadiens]] [[Bernie Geoffrion]] foi contratado como adestrador do equipo.<ref>{{Cita noticia |apelidos=Blackman |nome=Ted |url=http://news.google.com/newspapers?id=yYIuAAAAIBAJ&sjid=O6EFAAAAIBAJ&pg=5476,1970634 |título=Boomer wanted to quit hockey—'but I got a helluva contract' |xornal=Montreal Gazette |data=22 de maio de 1972 |dataacceso=5 de febreiro de 2016 |páxina=33 |lingua=en}}</ref> O equipo formou o seu cadro de xogadores a partir dun [[Draft de expansión da NHL 1972|''draft'' de expansión]] que tivo lugar o 6 de xuño de 1972. Fletcher centrouse na portería, escollendo a [[Phil Myre]] na súa primeira selección e o ''rookie'' [[Dan Bouchard]] na súa segunda.<ref>{{Cita noticia |url=http://news.google.com/newspapers?id=e-0vAAAAIBAJ&sjid=j-wDAAAAIBAJ&pg=4155,3061612 |título=Expansion clubs draft for youth |xornal=Spokane Spokesman-Review |data=7 de xuño de 1972 |dataacceso=5 de febreiro de 2016 |páxina=16 |lingua=en}}</ref> Fletcher seleccionou un cadro competente, mais novo e sen experiencia.<ref>{{Cita Harvard|Boer|2006|p=15}}</ref> Dous días despois, os Flames seleccionaron a [[Jacques Richard]] como segunda elección no [[Draft da NHL de 1972|''draft'' de1972]].<ref>{{Cita noticia |url=http://news.google.com/newspapers?id=029kAAAAIBAJ&sjid=in0NAAAAIBAJ&pg=1018%2C2949465 |título=Habs' Sammy again runs draft show |work=Calgary Herald |data=9 de xuño de 1972 |dataacceso=5 de febreiro de 2016 |páxina=33 |lingua=en}}</ref>
 
=== 1972–1975 ===
Liña 263:
 
== Membros do ''Hall of Fame'' ==
O único membro da organización dos Atlanta Flames que foi introducido no [[Hockey Hall of Fame]] é o GeneralXerente ManagerXeral [[Cliff Fletcher]]. Nado en [[Montreal]], Fletcher comezou a súa carreira na xestión do hóckey sobre xeo como ''scout'' dos [[Montreal Canadiens]] en [[1956]], e ascendeu ao posto de asistente do ''GeneralXerente Manager''Xeral cos [[St. Louis Blues]], posto no que se mantivo ata a súa contratación como ''GeneralXerente Manager''Xeral dos Atlanta Flames en [[1972]], coincidindo coa súa tempada inaugural. Fletcher mantívose na organización da franquía durante 11 anos máis logo do seu traslado a Calgary, e foi o artífice do único campionato da [[Stanley Cup]] do equipo de [[Alberta]] en [[1989]]. Foi introducido no Hockey Hall of Fame en 2004 como construtor.<ref>{{Cita web |url=http://www.legendsofhockey.net/LegendsOfHockey/jsp/LegendsMember.jsp?mem=b200401&page=bio |título=Cliff Fletcher biography |editorial=Hockey Hall of Fame |obra=Legends of Hockey |dataacceso=3 de febreiro de 2016 |lingua=en}}</ref>
 
== Récords individuais ==