Bruto: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m nominado>nomeado (via AWB script) |
|||
Liña 11:
== O asasinato de César e as súas consecuencias ==
Conservador por natureza, Bruto nunca tratou de esconder as sus conviccións políticas. Casado coa filla de Catón, a súa prima irmá [[Porcia]] escribiu un texto louvando as cualidades do seu sogro, xa falecido. César estaba moi encariñado con el e respectaba moito as
Tras o asasinato, demostrouse que a cidade de [[Roma]] estaba contra os conspiradores, xa que a maior parte da poboación amaba a César. [[Marco Antonio]] decidiu aproveitarse da situación e no [[20 de marzo]] falou airadamente dos asasinos no eloxio fúnebre de César. A partir de entón Roma deixou de ver os conspiradores como salvadores da República e foron acusados de traizón. Bruto e os seus compañeiros fuxiron ata Oriente. En [[Atenas]] Bruto dedicouse ao estudo da [[filosofía]] e a obter fondos para financiar un exército para a guerra que se aproximaba. [[César Augusto|Octaviano]] e Marco Antonio marcharon cos seus exércitos contra Bruto e Casio. Ambos os exércitos encontráronse na dobre [[batalla de Filipos]] ([[-42]]). Despois do primeiro encontro, Casio suicidouse, e tras o segundo encontro, xa derrotado, Bruto fuxiu cos restos do seu exército. A piques de ser capturado, Bruto suicidouse tirándose sobre a su espada. Marco Antonio honrou o seu enemigo caído, declarándoo o romano máis nobre. Mentres que outros conspiradores actuaron por envexa e ambición, Bruto creu que actuaba polo ben de Roma.
|