Ricardo Bellver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: thumb|222ppx|''O Anxo Caído'' ou ''Lucifer'', bronce de 1877 '''Ricardo Bellver y Ramón''' (Madrid, 1845...
 
Liña 6:
Neto do escultor valenciano Francisco Bellver y Llop, e fillo de [[Francisco Bellver]] (1812-1890), que eran basicamente imaxineiros en madeira, Ricardo creceu nunha familia de artistas, pois os seus tíos Mariano e José Bellver eran tamén escultores. Foi alumno da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]], acabando a súa formación como escultor en [[Roma]], pensionado polo Estado español, desde onde enviaría, entre outras obras, a dedicada a un anxo caído.
 
Ricardo comezou a ser recoñecido a raíz de que a súa composición escultórica "O Anxo Caído" ou ''Lucifer'', de 1877, fose premiada, primeiro con a Primeira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1878) e logo na Exposición Internacional de París (1881). O autor logrou unha estatua de indudábel orixinalidade, sendo tanto o interese que suscitou nas masas que o [[Museo do Prado|Museo Nacional del Prado]] doouna ao pobo madrileño, ficando instalada na praza del Ángel Caído, no [[Parque do Retiro, Madrid|Parque do Retiro]]. Tal éxito levou a que fose nomeado académico, acabando como director de la Escuela de Artes y Oficios de Madrid.
 
Consérvanse outros traballos de Ricardo Bellver en Madrid, na Basílica de San Francisco o Grande, na Igrexa de San José, na Igrexa Pontificia de San Miguel, no edificio do Ministerio de Fomento (Paseo da Infanta Isabel), e no mesmo Parque do Retiro, no interior do Monumentoa a [[Alfonso XII]].