Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
| sitio web = [http://www.valencia.es www.valencia.es]
}}
'''Valencia''' (en [[valenciano]] e oficialmente: ''València'', pronunciado [[Alfabeto Fonético Internacional|[vaˈlensia]]]) é a capital da [[provincia de Valencia]] e da [[Comunidade Valenciana]], así como da comarca homónima. Localizada na costa do [[mar Mediterráneo]], é unha cidade industrial e portuaria. Conta con 807.200 habitantes, que aumentan até 1.738.690 coa [[área metropolitana de Valencia|área metropolitana]], chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como ''Cap i Casal'' ou ''Capital do Turia''.
 
Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de [[Barcelona]], [[Marsella]] e [[Xénova]]. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, [[aeroporto de Manises]]) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da [[Ciutat Vella de Valencia|Ciutat Vella]] (Cidade Vella), a construción da [[Cidade das Artes e as Ciencias|Ciutat de les Arts i de les Ciències]] (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.
46.319

edicións