Diferenzas entre revisións de «Manuel Murguía»

m
correccións con AWB, replaced: typos fixed: entorno → contorno using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
m (correccións con AWB, replaced: typos fixed: entorno → contorno using AWB)
Manuel Murguía era fillo de Concepción Murguía Egaña e Juan Martínez de Castro. Este era farmacéutico na rúa Garás da [[A Coruña|Coruña]] e estableceuse despois, seguramente en 1837, en [[Santiago de Compostela]]. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do [[23 de abril]] de [[1846]], que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
[[Ficheiro:Santiago, Casa de Murguía 01-01.JPG|miniatura|Placa na casa na que viviu en Santiago.]]
A partir de [[1845]] comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en [[1850]], e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba entornono aocontorno do "[[Liceo de la Juventud]]", onde se daban cita estudantes e intelectuais como [[Eduardo Pondal]], [[Aurelio Aguirre]] e [[Rosalía de Castro]].
 
Murguía relacionouse en [[Madrid]], onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e [[Gustavo Adolfo Bécquer]], Alejandro Chao. En [[1854]] Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de [[Elena Avendaño]], unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela ''Desde el cielo''. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como ''La Iberia'' e ''Las Novedades'', nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".
32.556

edicións