Gimli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
Liña 26:
Gimli, fillo de [[Glóin]], é un [[Ananos|anano]] do clan de [[Durin]]. Naceu no 2879 da [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]]. Foi elixido para acompañar a [[Frodo Bulseiro]], como membro da [[Irmandade do Anel]] na súa misión de destruír o [[Anel Único]]. Inicialmente desconfiaba dos [[Elfo]]s, pero despois converteuse nun ardente admirador de [[Galadriel]] e nun amigo íntimo de [[Legolas]].
 
 
{{Spoiler}}
No comezo da historia, Gimli aparece como o típico anano rudo, violento, e inimigo dos elfos. De feito ten un forte temperamento e é impaciente para pelexar contra os orcos; ademais ten un grande entusiasmo polas minas de [[Moria]], o fogar dos seus devanceiros. Gimli posúe un alto sentido do honor (e é moi obstinado), o que explica por que se sente profundamente insultado polo trato dos elfos en [[Lothlórien]], que o obrigaron a viaxar cos ollos vendados se desexaba entrar no seu reino. Porén, Aragorn evita unha situación potencialmente violenta ó convir que tódolos membros da Irmandade fosen vendados, incluso cando Aragorn e Legolas deberían ser recibidos como príncipes por dereito.