Un franco, 14 pesetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler; cambios estética
Liña 21:
'''''Un franco, 14 pesetas''''' é unha coprodución galega dirixida por [[Carlos Iglesias]] no ano [[2006]]. A actriz galega [[Isabel Blanco]] é unha das súas protagonistas.
 
== Argumento ==
 
{{Spoiler}}
[[España]] [[1960]]. Dous amigos, Martín ([[Carlos Iglesias]]) e Marcos ([[Javie Gutiérrez]]), deciden marchar a Suíza en busca de traballo. Deixan ás súas familias en [[España]] e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida na Europa do progreso e as liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial. Coa chegada de Pilar ([[Nieve de Medina]]), a muller de Martín, co seu fillo Pablo, e de Mª Carmen, a noiva de Marcos, termínaselles a vida de homes solteiros que levaban nun país con tanta liberdade. O traballo segue sendo o día a día de Martín e Pilar, mentres o pequeno Pablo comeza a ir ao colexio e a integrarse. Coa morte do pai de Martín, chegan á conclusión de que o que foran a buscar xa o conseguiron e é hora de regresar. Para a súa sorpresa, será máis difícil a volta que a ida.
 
== Equipo artístico ==
* [[Isabel Blanco]]
* [[Enrique Cazorla]]
* [[Félix Cubero]]
* [[Nieve de Medina]]
* [[Enrique Escudero]]
* [[Iñaki Guevara]]
* [[Javier Gutiérrez]]
* [[Carlos Iglesias]]
* [[Abraham Lausada]]
* [[Francisco Merino]]
* [[Carmen Rossi]]
* [[Juan Jesús Valverde]]
* [[Estrella Zapatero]]
 
== Equipo técnico ==
* Director: [[Carlos Iglesias]]
* Produtores executivos: [[Susana Maceiras]], [[Mario Pedraza]]
* Produtores: [[José Manuel Lorenzo]], [[Eduardo Campoy]], [[Susana Maceiras]]
* Asistente de dirección: [[Paco Periñan, Óscar Pedraza]]
* Director de fotografía: [[Tote Trenas]]
* Montaxe: [[Luisma del Valle]]
* Música: [[Mario de Benito]]
* Vestiario: [[José María De Cossío]], [[Puy Uche]]
* Maquillaxe: [[Óscar Aramburu]], [[Sara Márquez]]
 
== Premios ==
* Festival de Cine Español de [[Málaga]], Sección Oficial [[2006]]: Premio Mellor Fotografía, Premio do Público, Premio Alma - Mellor Guionista Novel.
* Primavera Cinematográfica de Lorca, Sección Oficial de Novos Realizadores: Premio ao Mellor Guión, Premio do Xurado Popular.
* Festival de Cine Opera Prima Ciudad de Tudela, Sección Oficial: Premio Ciudad de Tudela á mellor película.
* Premio valores humanos Jose Couso-Julio Parrado na XI semana del cine y de la Imagen de Fuentes de Ebro ([[2006]]).
* Seleccionada en: [[Lorcano]], [[Tarazona]], [[Montréal]], [[Donostia]], [[Carabanchel]], [[Copenhague]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Pamplona]], [[Hamburgo]], Madridimagen, [[Valladolid]], International Latino Film Festival San Francisco Bay Area.
* Premio á mellor longametraxe nos [[Premios Mestre Mateo]] 06 (entregados en [[maio]] de [[2007]]).
* [[Premios Mestre Mateo]] a [[Jesús Alonso]] como mellor director de produción; [[Sara Márquez]] e Óscar Aramburu]] como mellor maquillaxe e peiteado; [[Carlos Iglesias]] como autor do mellor guión; [[Isabel Blanco]] como mellor actriz protagonista.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.unfranco14pesetas.com/index2.php?id_idioma=2 Web oficial da película]
 
{{Mestre Mateo ó mellor filme}}