The Adventurer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
Liña 27:
 
== Argumento ==
 
{{Spoiler}}
Un grupo de [[policía]]s busca na praia infrutuosamente un fuxitivo. O máis gordo deles ponse a descansar, e cabo del emerxe da terra Chaplin, con traxe de presidiario. O preso escapa ao ver os policías, sobe o outeiro, despois báixao e acaba escondéndose detrás das pedras e dálles patadas aos seus perseguidores cando pode. Escapa finalmente nadando polo [[mar]], mentres os gardas lle disparan e o perseguen nun bote. No porto está Edna co seu pretendente, o xigante de grandes barbas e cellas (Eric Campbell). Subitamente aparece a mai de Edna afogándose, o xigante en vez de axudala ponse a pedir auxilio e a filla salta rescatar a mai. Chaplin aparece entón, salvándoos a todos, incluso ao xigante que acababa de caer por accidente, mais este traizóao e faille caer á auga, debendo ser rescatado na beira polo chofer das donas.