Brazil (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Elimino o modelo: Finspoiler; cambios estética
Liña 20:
'''''Brazil''''' é unha [[comedia]] cinematográfica de [[1985]], dirixida por [[Terry Gilliam]]. Protagonizada por [[Jonathan Pryce]] e [[Robert De Niro]], obtivo dúas nominacións ós [[Oscar]], á mellor dirección artística e ó mellor guión orixinal.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
Sam Lowry ([[Jonathan Pryce]]) é un tecnócrata eficiente pero soñador cun posto de terceira categoría dentro da xigantesca máquina burocrática que move (ou paraliza) a unha antiutopía opresiva, inhumana, afundida pola ineficiencia e ameazada polo [[terrorismo]].
Liña 32:
Finalmente o Sistema, implacable, faise cargo de Sam Lowry e destrúeo mediante a tortura. Pero Lowry obtén refuxio na tolemia.
 
== Elenco ==
* [[Jonathan Pryce]] como Sam Lowry.
* [[Kim Greist]] como Jill Layton.
* [[Michael Palin]] como Jack Lint.
* [[Robert De Niro]] como Archibald “Harry” Tuttle.
* [[Katherine Helmond]] como Mrs. Ida Lowry.
* [[Bob Hoskins]] como Spoor.
* [[Derrick O'Connor]] como Dowser.
* [[Ian Holm]] como Sr. Kurtzman.
* [[Jim Broadbent]] como Dr. Jaffe.
* [[Ian Richardson]] como Sr. Warrenn.
* [[Peter Vaughan]] como Sr. Helpmann.
* [[Brian Miller]] como Sr. Buttle.
* [[Barbara Hicks (actriz)|Barbara Hicks]] como Mrs. Alma Terrain.
* [[Charles McKeown]] como Harvey Lime.
* [[Kathryn Pogson]] como Shirley.
* [[Bryan Pringle]] como Spiro (waiter).
* [[Sheila Reid]] como Sra. Buttle.
* [[Derek Deadman]] como Bill.
* [[Nigel Planer]] como Charlie.
* [[Gorden Kaye]] como Lobby Porter.
* [[Jack Purvis]] como Dr. Chapman.
* [[Elizabeth Spender]] como Alison/'Barbara' Lint.
* [[Myrtle Devenish]].
* [[Holly Gilliam]] como Holly Lint.
* [[Terry Gilliam]].
* [[Roger Ashton-Griffiths]] como o sacerdote
 
== Curiosidades ==
{{Spoiler}}
 
* A [[distopía]] na que se desenvolve a acción está situada "nalgún lugar do século XX" (''Somewhere in the 20th Century'') e a imaxinería visual mestura elementos de moitas décadas do devandito século, o que contribúe a crear unha atmosfera irreal. Por exemplo: os ordenadores están construídos a partir dunha máquina de escribir, un pequeno tubo de raios catódicos e unha [[lente fresnel]].
 
* Todos os nomes dos lugares son ironicamente idílicos. Así, o protagonista vive nuns enormes bloques grises (pertencentes en realidade a unha cidade francesa) chamados "bloque Flor de Azahar, avenida Verdes Pastos", mentres que Buttle vive nas torres "Shangri-la".
 
* A omnipresente burocracia consome o 26% do [[PIB]], segundo se asegura no noticiario que podemos ver ó principio da película. A maneira máis eficaz de afastar un fontaneiro estatal é solicitarlle un impreso 27B/6.
 
* A película está salpicada de detalles en segundo e terceiro plano:
 
** Un exemplo: cando a Sam Lowry lle comentan nunha festa que determinada rapaza as ten "máis grandes e de punta", acláranlle posteriormente que a observación se refire ás súas orellas. Pouco despois, noutra escena, podemos ver como a moza, en segundo plano, se deixa examinar as orellas por outro personaxe.
 
** Outro exemplo: Cando o protagonista vai visitar a familia do señor Buttle, podemos ver un cartel cunha oferta de vacacións que reza: "Luxo sen medo. Diversión sen sospeita. Reláxese nun ambiente libre de pánico." (''Luxury without Fear. Fun without suspiction. Relax in a Panic-Free Environment'').
 
* O "agasallo para executivos" que aparece varias veces ó longo da película non existe nos comercios e foi creado especialmente para a película.
 
* A escena do tiroteo no vestíbulo do ministerio de "Obtención de Información" é unha homenaxe a [[O acoirazado Potemkin]].
 
{{finspoiler}}
 
 
== Influencias ==
O director, [[Terry Gilliam]] referiuse a esta película como a segunda dunha triloxía formada por ''Os bandidos do tempo'' ([[1981]]) e ''As aventuras do Barón Munchausen'' ([[1989]]). As tres películas teñen como tema común a loita pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que se opón ás devanditas ideas.
 
Liña 90:
Na súa estrea a película tivo importantes dificultades en recadación. Con todo, permanece como unha película de culto entre os fans de Gilliam. A edición en VHS da cinta é unha versión máis curta de 131 minutos. A edición en DVD é a mesma que a película orixinal.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://allmovie.com/cg/avg.dll?p=avg&sql=1:6977 Perfil en All Movie Guide]
* [http://www.tiemposfuturos.es/opinionCeluloideDigitalBrazil.htm Brazil] Análise cinematográfico.
 
{{Control de autoridades}}