Pergamiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
aa
Liña 2:
'''Pergamiño''' ou '''pergameo''' (do grego ''pergaméne'' e do latín ''pergamina'' ou ''pergamena'') é o nome dado a unha [[pel]] de [[animal]], xeralmente de [[cabra]], [[Ovella|carneiro]], cordeiro ou [[ovella]], preparada para [[escrita|escribir]] nela. Designa tamén o documento escrito nesa pel. Foi largamente utilizado na [[Idade Antiga|antigüidade]] occidental, en especial na [[Idade Media]], até a difusión do [[papel]], invención [[China|chinesa]].
 
A orixe deste nome ven da cidade de [[Pérgamo]], onde existía unha grande produtividade de elevada calidade do pergamiño, mais realmente a existencia e deste material remóntase a dous milenios antes de Cristo (cando Pérgamo aínda non existía).
 
== Proceso de fabricación ==
Liña 14:
Os pergamiños máis antigos proceden de [[Exipto Antigo|Exipto]] e teñen 4.000 anos. Sábese que se utilizaba en [[Babilonia]] e [[Fenicia]]. Os [[xudeu]]s debían utilizalo para copiar a [[Lei xudaica|Lei]]. [[Heródoto]] afirma que o seu uso en [[Grecia Antiga|Grecia]] foi substituído polo [[papiro]] e en [[Roma Antiga|Roma]] hai moitas referencias á súa utilización.
 
O uso do pergamiño estendeuse desde fins do [[século I]] para a copia de libros cando estes pasaron a publicarse en forma de [[códice]]s. O pergamiño existente máis antigo é de finais do [[século I]] e contén un fragmento de ''De bellis macedonicis''. Os [[mosteiro]]s [[cristianismo|cristiáns]] mantiñan [[biblioteca]]s de pergamiños no período medieval, onde [[monxe]]s letrados se dedicaban á copia de [[manuscrito]]s, debéndose a esa actividade a sobrevivencia e divulgación de textos clásicos da cultura grega e latina en Occidente.
 
== Véxase tamén ==