Consello Superior de Investigacións Científicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
==Orixe==
Foi fundado no ano [[1939]], en substitución da [[Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] que fora fundada no ano 1907 no seo da [[Institución Libre de Enseñanza]] (ILE). O que comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa, que contaba con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como [[Charles Darwin]], [[Henri Bergson]] e [[León Tolstoi]], foi reestruturado polo goberno [[Franquismo|franquista]] co nome de '''CSIC'''. A antiga ''Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas'' converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre, pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación [[José Ibañez Martín]], e por outra o membro do [[Opus Dei]], o edafólogo [[José María Albareda]].
[[Ficheiro:Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.JPG|miniatura|Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.]]
 
==Funcionamento==
Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril).
Liña 17:
*Formación de investigadores e técnicos científicos.
*Colaborar co Plan Nacional de [[Investigación e Desenvolvemento|I+D]].
[[Ficheiro:Pazo_da_Carballeira_de_Gandarón.JPG|miniatura|Misión Biolóxica de Galicia.]]
 
==Delegación en Galicia==
Da Delegación en [[Galicia]] do CSIC dependen o [[Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos]], o [[Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo]], o [[Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia]] e, a [[Misión Biolóxica de Galicia]] e o [[Instituto de Ciencias do Patrimonio]].
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.csic.es Páxina principal do CSIC]
*[http://www.delegacion.galicia.csic.es/inicio CSIC-Delegación de Galicia (en castelán)]
*[http://wwwn.mec.es/index.html Ministerio de Educación e Ciencia]