República de Artsakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 51:
A palabra ''Nagorno-'' é un [[adxectivo]] [[atributo (sintaxe)|atributivo]] [[lingua rusa|ruso]] de construción moderna, derivado do adxectivo ''nagorny'' (нагорный), que significa "terra alta". O nome [[lingua azerí|azerí]] da rexión inclúe adxectivos semellantes: "dağlıq" (''montañoso'') ou "yuxarı" (''alto''). Estas palabras non se utilizan no nome [[lingua armenia|armenio]], mais aparecen no nome oficial da rexión durante a era [[Unión Soviética|soviética]] como [[Óblast]] Autónomo de Nagorno-Karabakh. Outras linguas aplican a súas propias formas para "alto" ou "terra alta"; por exeplo o nome oficial utilizado pola República de Nagorno-Karabakh en [[Francia]] é Haut-Karabakh, literalmente "Alto Karabakh".
 
A palabra Karabakh considérase xeralmente de orixe [[lingua turca|turca]] e [[lingua persa|persa]], e significa literalmente "xardín negro". O nome aparece por vez primeira en fontes [[Xeorxia|xeorxianas]] e [[Persia|persas]] durante os [[século XIII]] e [[século XIV|XIV]]. Karabagh é outra forma alternativa de [[escrita]] de Karabakh, que tamén denomina a un tipo de alfombra cun determinado patrón producida na zona. Nunha teoría alternativa proposta por Bagrat Ulubabyan asevérase que o nome de Karabakh pouse unha orixe túrquico-armenia, cuxo significado sería "Gran Baghk" (en armenio: Մեծ Բաղք). EstoIsto sería unha referencia a Ktish-Baghk (posteriormente Dizak), un dos principados de Artsakh baixo o goberno da dinastía Aranshahik que ostentou o trono de Reino de Syunik entre os [[século XI|séculos XI]] e [[século XIII|XIII]] e se chamou a si mesmo "Reino de Baghk".
 
Os nomes da rexión nas distintas linguas locais pódense traducir todos como "Karabakh montañoso" ou "xardín negro montañoso":