Nagorno-Karabakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Enclaves mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 23:
O Nagorno-Karabakh é un enclave de poboación armenia cristiá encravado no [[Acerbaixán]] (país maioritariamente islámico) onde, entre 1987-1988 deflagrou un conflito moi sanguento. Este conflito foi aínda máis atizado debido ao [[pogrom]] masivo anti-armenio organizado pola cidade acerbaixana de [[Sumgait]] a finais de febreiro de [[1988]] - a primeira explosión de violencia étnica nesta antiga república soviética. En novembro do 1991, esperando debelar as contestacións armenias, o parlamento acerbaixano aboliu o estatuto de autonomía da rexión. Como resposta os armenios do Nagorno-Karabakh realizaron un referendo o [[10 de decembro]] de [[1991]], no cal a esmagadora maioría da poboación votou pola independencia. A comunidade acerbaixana de Nagorno-Karabakh boicoteou o referendo.
 
Estes acontecementos conduciron a accións violentas contra armenios que vivían en [[Bakú]] e o resto do Acerbaixán, e de acerbaixanos residentes en Armenia. Como resultado, unha vasta maioría de acerbaixanos da Armenia e armenios no Acerbaixán (excepto Nagorno-Karabakh) víranse obrigados a saír. Aos eventos de violencia civil seguíuseguiu unha guerra entre a Armenia e o Acerbaixán. As accións militares foron fortemente influenciadas pola inspiración militar rusa. As vitorias das ofensivas armenias nos anos seguintes proporcionaranlle o control de gran parte do territorio, ata que o [[12 de maio]] de [[1994]] foi negociado un acordo de alto o fogo que permanece en vigor aínda hoxe.
 
Actualmente Nagorno-Karabakh é ''de feito'' un estado independente autoproclamándose [[República de Nagorno-Karabakh]]. Fortemente dependente da República da Armenia, usa a súa moeda, o [[Dron (moeda)|dron]]. Os sucesivos gobernos armenios teñen resistido á presión interna de unir o Nagorno-Karabakh á Armenia, temendo as represalias do Acerbaixán e da comunidade internacional, que considera Nagorno-Karabakh parte do Acerbaixán. A política da Armenia e do Nagorno-Karabakh están tan intimamente ligados que un antigo primeiro ministro da República do Nagorno-Karabakh, [[Robert Kocharian]], tornouse primeiro ministro ([[1997]]) e despois presidente da Armenia (de [[1998]] ata o presente).