Emir Kusturica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m correccións con AWB, replaced: nominada → nomeada using AWB
Liña 19:
Logo de finalizar en 1978 os seus estudos na distinguida Academia de Artes Interpretativas (FAMU) de [[Praga]] (onde rodou a película ''[[Guernica (película 1978)|Guernica]]'', pola que en 1978 recibiu o seu primeiro premio no [[Festival de Cine de Karlovy Vary]], Kusturica comezou a dirixir para a Televisión Iugoslava. Tivo un auspicioso debut no cine con ''Sjecas li se, Dolly Bell'', en 1981, película coa que gañou o [[León de Ouro]] no [[Festival Internacional de Cine de Venecia|Festival de cine de Venecia]].
 
Con ''Otac na sluzbenom putu'', de 1985, gañou a [[Palma de Ouro]] no [[Festival Internacional de Cine de Cannes|Festival de cine de Cannes]], cinco premios iugoslavos, e foi nominadanomeada ó premio [[Oscar]] á mellor película en lingua estranxeira. Ambas películas foron realizadas coa colaboración de [[Abdulah Sidran]], un importante escritor e poeta bosnio contemporáneo, que escribiu os dous guións con moitos elementos autobiográficos. En 1989 Kusturica foi aínda máis aclamado pola película ''Dom za vesanje'', unha profunda pero máxica mirada dentro da cultura xitana e a explotación dos seus mozos.
 
Kusturica prosegiu realizando grandes películas de renome nos anos 90, incluíndo o seu debut nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], coa comedia de humor absurdo, ''Arizona dream'' (1993), e volveu gañar a Palma de Ouro en 1995 coa épica [[comedia negra]] ''Underground''.
Liña 37:
No 2004 Kusturica e a súa película ''Život je čudo'', que fala da guerra civil iugoslava, recibiron o Premio da Educación Nacional (Prix de l' Education Nationale) de [[Francia]]. ''Život je čudo'' foi utilizada como unha ferramenta educativa a nivel nacional, en conxunto cun CD-ROM instructivo destinado a incitar a análise e o debate entre estudantes.
 
Emir Kusturica gañou no 2005 o Premio Europeo de Arquitectura Phillipe Rotthier polo seu proxecto de ciudadela étnica "Drvengrad" ("aldea de madeira") localizado sobre o monte [[Zlatibor]] en [[Serbia]]. O premio é dado cada tres anos pola "Fundación para a Arquitectura" ("Fondation pour l'architecture") de [[Bruxelas]], [[Bélxica]] e é unha das máis prestixiosas distincións belgas e europeas no campo da arquitectura.
 
No Festival de cine de Cannes de 2005 oficiou como Presidente do Xurado.
Liña 79:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Irodanova, Dina: Emir Kusturica. London. British Film Institute 2002.
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 87:
* [http://www.thenosmokingorchestra.com/ páxina oficial da No Smoking Orchestra] {{en}}
 
{{ORDENAR:Kusturica}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Kusturica}}
[[Categoría:Directores de cine de Serbia]]
[[Categoría:Actores de Serbia]]