Harun al-Rashid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Harun Al-Rashid and the World of the Thousand and One Nights.jpg|miniatura|280px|Harún al-Rashid no ''Mundo das Mil e unha Noites''. Miniatura árabe que representa ao califa.]]

'''Harún al-Rashid''' <ref>Tamén transcrito '''Hārūn al-Rashīd''', '''Haroun ar-Rachid''', '''Harun al-Raschid''', '''Haroon al Rasheed''' ou '''Harun al-Rashid''' [tamén '''Harune Arraxide'''], entre outras formas acordes coas fonéticas francesa, alemá, inglesa e portuguesa.</ref> (en [[lingua árabe|árabe]] '''هارون الرشيد''', ''Aarón o Xusto'', [[Rayy]], [[Persia]], [[17 de marzo]] de ca. [[766]] - [[Tus]], [[24 de marzo]] de [[809]]) foi o quinto e máis famoso [[califa]] da dinastía [[abasí]] de [[Bagdad]]. Gobernou desde o 14 de setembro de [[786]] até a súa morte.

No seu reinado o [[Califato Abbasí|califato abasí]] chegou ao cumio do seu poderío, un período de excepcional esplendor cultural, científico e económico.

Por outra parte, foi moi radical nas súas concepcións relixiosas acerca do [[islam]].

Considérase un dos máis grandes gobernantes [[musulmán]]s, e un exemplo a imitar polos seus correlixionarios.
Liña 16:
[[Ficheiro:Iren and Constantin.jpg|miniatura|esquerda|280px|A emperatriz [[Irene]] e [[Constantino I o Grande|Constantino]].]]

Harún era fillo de [[Al-Mahdi]], terceiro califa abasí, que gobernou entre [[775]] e [[785]], e [[Al-Jayzuran]], unha antiga escrava do [[Iemen]] e muller de forte personalidade que influíu considerabelmente nos reinados do seu marido e os seus fillos.

Descoñécese a data exacta do seu nacemento,<ref>Kennedy, Hugh (2008): ''La corte de los califas.'' Barcelona: Crítica, páx. 78. (Kennedy cita a:Abbott, Nabia (1946): ''Two Queens of Baghdad'', University of Chicago Press (segunda impresión, Al Saqi, Londres, 1986), páxs. 23-24.</ref> que podería ser en calquera momento entre os anos 763 e 767, aínda que aparentemente o máis probábel é que ocorrera en 766.

É seguro, en cambio, que tanto Harún como o seu irmán maior Musa, o futuro califa [[al-Hadi]]), naceron en Rayy (localidade ao sur da moderna [[Teherán]]), onde seu pai residía como vicerrei da zona oriental do califato.<ref>Kennedy, Hugh, ''Op. cit.'' páxs. 38 e 78.</ref>
Liña 24:
O seu primeiro acto público de relevancia foi acompañar ao seu pai nunha [[peregrinación]] ás cidades santas de [[A Meca]] e [[Medina]], no outono de [[777]].<ref>Kennedy, Hugh. ''Op.cit.'' páx. 79.</ref> Pouco despois, se lle asignou como titor a Yahya ibn Khalid ibn Barmak (Yahya el Barmací), un experimentado funcionario e amigo íntimo da familia real, quen chegou a desempeñar un rol de verdadeiro pai na vida de Harún.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páx. 80.</ref>

No verán de [[780]] encargóuselle conducir unha campaña contra os [[Imperio bizantino|bizantinos]] na zona dos montes [[Tauros]], o que simultaneamente lle brindaba unha formación militar e a oportunidade de darse a coñecer no exército. Acompañárono Yahya el Barmací, como administrador das finanzas do exército, e o chambelán Rabi ibn Yunus.

Despois dun sitio de oito días, logrou a rendición do castelo fronteirizo de [[Samalu]], cuxa gornición foi deportada a Bagdad (a fortaleza volvería a mans bizantinas pouco despois).<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páxs. 80-82.</ref>

En [[782]] Harún liderou unha expedición de maior envergadura que derrotou ao exército bizantino e alcanzou o [[Bósforo]].

A emperatriz bizantina [[Irene]] tivo que comprometerse a pagar un tributo ao califa, durante tres anos, consistente nuns de 70.000 a 90.000 [[dinar]]es anuais.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páxs. 82-83.</ref> <ref>Herrin, Judith (1973): "La crisis de la iconoclastia" en Maier, Franz Georg (2000): ''Bizancio.'' México: Siglo XXI, páx. 99. ISBN 968-23-0496-2</ref>

Harún estivo moi influído pola vontade da súa nai no goberno do imperio até a morte desta en [[789]]. O seu principal ministro, o visir Giafar el Barmesida, os fillos deste e outros membros da familia [[barmáquida]] controlaron xeralmente a administración.

O imperio abasí empezou a desmoronarse con el e a soberanía do seu reino non foi nunca recoñecida polos [[aglabís]] de [[Tunes]], como tampouco polos [[idrisís]] de [[Marrocos]] e os [[omeia]]s de [[Al-Ándalus]].
Liña 41:
[[Ficheiro:IranOldProvinceKhorasan.png|miniatura|250px|Siuación da [[provincia de Khorasán]], hoxe no [[Irán]].]]

Coa intención de sufocar persoalmente unha rebelión na provincia oriental de [[Khorasán]], Harún abandonou Bagdad á cabeza dun exército o [[5 de xuño]] de [[808]], acompañado polo seu fillo [[al-Mamun]].

A finais do ano chegaron á cidade de [[Tus]], en Khorasán (ao nordeste do moderno [[Irán]]).

Alí enfermou, e encomendou a al-Mamun que continuara a expedición.

Harún faleceu o [[24 de marzo]] de [[809]], contando cuns 47 anos de idade.

Foi sepultado na casa de campo na que se instalara.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páx. 117.</ref>
Liña 55:

* Harún al-Rashid é a figura principal en varias historias de ''[[As mil e unha noites]]''.

* [[Henry Wadsworth Longfellow]] escribiu un poema que comeza:

One day Haroun Al-Raschid read
A book wherein the poet said
Where are the kings and where the rest
Of those who once the world possessed?

* [[Alfred Tennyson]] escribiu un poema na súa xuventude titulado ''Recollections Of The Arabian Nights''. Cada ''estancia'' (excepto a última) acaba coa frase "of good Haroun Alraschid".
* Harún al-Rashid figura no ''[[Ulysses (novela)|Ulysses]]'' de [[James Joyce]], nun soño de Stephen Dedalus, un dos protagonistas.

* Harún al-Rashid figura no ''[[Ulysses (novela)|Ulysses]]'' de [[James Joyce]], nun soño de Stephen Dedalus, un dos protagonistas.

* Harún al-Rashid tamén aparece nun célebre poema de 1923 de [[William Butler Yeats|W.B. Yeats]], "The Gift of Harun al-Rashid".

* Harún al-Rashid é mencionado polo personaxe Koróviov na novela satírica ''[[O profesor e Margarita]]'' de [[Mikhaíl Bulgákov]].

* A historia dunha das viaxes de Harún proporciona o clímax do xogo de títulos e o final da novela de [[Italo Calvino]] ''[[Se unha noite de inverno un viaxeiro]]'' (''Se una notte d'inverno un viaggiatore''), 1979.

* Os dous protagonistas da novela ''Haroun and the Sea of Stories'' de [[Salman Rushdie]] (1990) son Harún e o seu irmán Rashid Khalifa.

* Nas ''The Sten Chronicles'', novelas de ciencia ficción de [[Allan Cole]] e [[Chris Bunch]], o personaxe do Emperador Eterno usa o nome "H. E. Raschid" como sinónimo; isto confírmase, no derradeiro libro da serie, cunha referencia do personaxe [[Richard Francis Burton|Burton]] á tradución do ''Libro das mil e unha noites''.

* Na historia ''The BFG'' de [[Roald Dahl]], o Sultán de [[Bagdad]] di que ten un tío chamado Califa Harún al-Rashid.

* Na novela de aventuras ''[[Os fillos do capitán Grant]]'' de [[Jules Verne]], Jacques Paganel conta "unha pequena historia árabe" dun "fillo do grande Harún-al-Raschid."

Liña 82 ⟶ 72:
=== Cómics ===

* O libro humorístico ''[[The Sandman (DC Comics Modern Age)|The Sandman]]'' inclúe una historia (a nº 50, "Ramadan") situada no mundo das ''Noites de Arabia'', das que Harún al-Rashid é o protagonista.

* ''[[Haroun El Poussah]]'' na revista de banda deseñada cómica francesa ''[[Iznogoud]]'' é unha versión satírica de Harún al-Rashid.

* A [[novela gáfica]] ''Dschinn Dschinn'' de [[Ralf König]] é unha historia da legación mandada por [[Carlomagno]] á corte de Harún al-Rashid.

* Harún aparece no nº 5 da chilena colección de revistas gráficas ''Mampato'', titulado "Bromisnar de Bagdad" <ref>[http://www.mampato.aviacion.cl/LibrosMampato.htm Libros Mampato]</ref>

Liña 96 ⟶ 83:
=== Outros ===

O futuro presidente dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[Theodore Roosevelt]], cando era o ''Comisionado do Departamento de Policía de Nova York'', era alcumado nos periódicos locais como "Haroun-al-Roosevelt" polo seu hábito de pasear en solitario polas rúas de [[Manhattan]] para, subrepticiamente, ''cahar'' aos policías fóra dos seus postos. (Nas mil e unha noites, Harún al-Rashid percorría de noite as rúas de [[Bagdad]] vestido de mercadermercador para observar a vida das xentes).

== Notas ==