Río Te: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m banner {{Ríos de Galicia en progreso}}
Liña 14:
 
== Percorrido e afluentes ==
Nace ao pé do [[monte Muralla]], da parroquia de [[O Araño, Rianxo|Araño]] e preto da súa linde co de [[Lousame]], entre 400 e 500m de altitude. Está alimentado pola súa dereita polo [[río Bexa]], procedente dos altos de Campelo, e pola súa esquerda polo [[regato]] da Devesa. Recibe logo, pola dereita, auga dos regatos Muíño do Conde, Batán, Muíños e Floxo. Cruza a demarcación mucicipal rianxeira de noroeste a suroeste, bañando as parroquias de [[Asados, Rianxo|Asados]], [[O Araño, Rianxo|Araño]], [[Rianxo]] e [[Taragoña]]. Durante un curto tramo fai de linde entre os municipios de Rianxo e [[Dodro]], mais practicamente o seus 9km de percorrido transcorren dentro do concello rianxeiro, onde desemboca no lugar de ''O Pazo'', freguesía de [[Taragoña]], na beira dereita da [[ría de Arousa]], formando alí un profundo pozo. Asemade, alí está localizado o "[[Castelo da Lúa]]". Nas preamares de mareas vivas é navegábel para pequenas enbarcaciónsembarcacións e botes, que poden ascender ata a Ponte de Te.
 
== Galería de imaxes ==