Dawn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 56:
A nave ten forma aproximada de caixa cunhas medidas de 1,64 m x 1,27 m x 1,77 m. A estrutura está feita de [[aluminio]] e de composto de [[grafito]] cunha masa en baleiro de 747,1 kg e de 1217,7 kg con propelente. O núcleo da nave está formado por un cilindro de composto de grafito cos tanques de [[xenon]] (do que leva 425 kg) e [[hidracina]] (45,6 kg), feitos de [[titanio]], no seu interior. Os paneis que compartimentan a estrutura básica son de aluminio.<ref name=NSSDC/>
 
A alimentación eléctrica é proporcionada por un par de [[Panel solar|paneis solares]] que, unha vez despregados, lle dan á nave unha lonxitude total de 19,7 metros. Os paneis están formados por céulascédulas solares de tripla unión de [[Indio (elemento)|indio]]-[[galio]]-[[Fósforo (elemento)|fósforo]] e indio-galio-[[xermanio]]. Cada un ten forma rectangular de 2,3 m de alto por 8,3 m de longo e proporcionan 10,3 [[Vatio|kW]] de [[potencia]] á distancia da Terra ao Sol e de 1,3 kW a unha distancia de 3 [[Unidade astronómica|UA]]. Alimentan o sistema eléctrico da nave, que usa [[voltaxe]]s de entre 22 e 35 [[Voltio|V]], e o [[Propulsión iónica|propulsor iónico]], que funciona a entre 80 e 140 V. A [[enerxía eléctrica]] é almacenada nunha [[Batería (electricidade)|batería]] de [[níquel]]-[[hidróxeno]] cunha capacidade de 35 [[Amperio-hora|Ah]].<ref name=NSSDC/>
 
[[Ficheiro:Vesta Rotation.gif|miniatura|Rotación de Vesta obtida a partir de diferentes imaxes obtidas por Dawn.]]
Liña 62:
As comunicacións teñen lugar mediante unha [[antena]] parabólica fixa alta [[ganancia]] e 1,52 metros de [[diámetro]] situada no mesmo plano que os paneis solares e mediante tres antenas de baixa ganancia situadas en diversas partes da nave. O sistema de comunicacións usa a [[banda X]] tanto no enlace de subida como no de baixada e consume ata 100 W de potencia. As velocidades de subida van de entre 7,8 a 2,0 [[bps]] e as de baixada varían entre 10 bps e 124 Kbps. O sistema de datos e comandos usa un [[CPU|procesador]] [[RAD6000]] e un sistema de almacenamento de 8 [[Bit|Gb]] de capacidade.<ref name=NSSDC/>
 
Da parte superior do corpo da nave exténdeseesténdese un [[mastro]] que alonxaafasta o [[magnetómetro]] da nave para evitar erros nas medidas do campo magnético. A baía de instrumentos está situada tamén na parte superior, aloxando as cámaras, o [[espectrómetro]] cartografiador, o [[altímetro]] [[láser]], os seguidores de estrelas e o espectrómetro de [[neutrón]]s e [[raios gamma]].<ref name=NSSDC/>
 
Dawn está propulsada mediante tres [[Motor iónico|motores iónicos]] basadosbaseados no motor da sonda [[Deep Space 1]]. Usan xenon como propulsante, que é [[Ionización|ionizado]] e acelerado por [[Eléctrodo|eléctrodos]]. O [[pulo]] máximo de cada motor, cando é alimentado por 2,6 kW de potencia, é de 92 [[Newton (unidade)|mN]], cun [[impulso específico]] de entre 1900 e 3200 s. Cada motor mide 30 cm de diámetro e vai sobre un [[cardán]] con dous eixos de movemento situado na base da nave. O control de actitude ten lugar mediante [[Volante de inercia|volantes de inercia]] e mediante doce pequenos motores alimentados por hidracina e cun pulo de 0,9 N cada un.<ref name=NSSDC/>
 
A nave obtén información sobre a súa propia orientación mediante [[Seguidor de estrelas|seguidores de estrelas]] e [[xiroscopio]]s. O control térmico usa [[persiana]]s e radiadores polos que corre [[amoníaco]], e usa 200 W a 3 UA de distancia do [[Sol]].<ref name=NSSDC/>