Zoocoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m "Fertilizante" (galego) en lugar de "abono" (castelán)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
[[Ficheiro:Pomegranate_close_up.jpg|miniatura|dereita|240px|'''Endozoocoria'''. Froito aberto de granada mostrando as sementes con sarcotesta carnosa e vermella, destinada a atraer ás aves]]
[[Ficheiro:Acacia_dealbata_seeds.jpg|miniatura|dereita|240px|'''Mirmecocoria'''. Sementes de ''Acacia dealbata'', algunhas portando aínda os elaiosomas que serven de recompensa ás formigas]]
As [[oliveira]]s, por exemplo, deben ser tragadas, antes de xerminar; o que fan aves de tamaño medio como as [[pega]]s. Son abundantes os froitos pequenos de cor máis ou menos intensamente vermello, como as [[cereixa]]s, que deben seguir este tratamento. A súa cor correspóndese precisamente coa máxima sensibilidade do [[ollo]] das [[aves]], o equivalente do que representa o amarelo na nosa propia visión. Moitos froitos tropicais amarelos ou alaranxados están adaptados a ser devorados por monos. Interprétase de feito que a visión da cor que distingue aos [[primates]] (monos) dos outros mamíferos (que non distinguen as cores) representa un caso de [[coevolución]] ou coadaptación dos primates, arborícolas como son, ás árbores das rexións tropicais onde se orixinaron. Outro grupo de mamíferos que, como os primates, é chamado á dispersión é o dos [[macroquiróptero]]s, os chamados raposos voadores, grandes morcegos propios de selvas tropicais que acoden ás flores, actuando tamén como [[polinizador]]es, e aos froitos. Chámase ''[[fruxívoro]]s'' (literalmente comedores de froita) aos animais que presentan esta adaptación.
 
Nas cereixas o cebo forma parte do froito, en concreto do [[mesocarpo]], pero noutras especies pode ser parte directamente da semente, como ocorre na granada, cuxas sementes están dotadas dunha ''sarcotesta'' vistosa e doce.