Fruxívoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*pulpa -> polpa
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Orang Utan, Semenggok Forest Reserve, Sarawak, Borneo, Malaysia.JPG|miniatura|O [[orangután de Borneo]] (''Pongo pygmaeus'') é fruxívoro.]]
Os [[Animalia|animais]] '''fruxívoros''' (do [[latín]] ''frux'', ''frugis'', "froito" e -''vorus'', "que come") son aqueles que se alimentan de froitos, sexa parcial ou exclusivamente. En latitudes tépedas este tipo de alimentación, a diferenza do que sucede no [[trópico]], adoita ser estacional. A relación que existe entre os animais fruxívoros e as plantas é beneficiosa para ambos e constitúe unha forma de [[coevolución]]. As plantas gastan enerxía en rodear a semente cunha envoltura, a polpa, moi nutritiva, xa que contén moitos azucres; con todo, compensan este gasto ao conseguir un mecanismo moi eficaz de propagación das [[diáspora]]s vexetais. O beneficio dos animais reside en alimentarse dunha fonte moi enerxética. Os animais inxeren o froito completo e despois de dixerir a polpa expulsan as sementes, ben polas feces ou ben en forma de [[egagrópila]]s, en puntos normalmente afastados do lugar de alimentación. As plantas deféndense dos fruxívoros oportunistas, que danan ou non dispersan as sementes, mediante sustancias químicas (velenos ou sustancias de sabor desagradable) ou cubertas protectoras.
 
Hai moitos animais fruxívoros, incluídos algúns [[primate]]s, como o [[Homo|home]]. Outros exemplos son certas especies de [[Chiroptera|morcegos]], un gran número de mamíferos e algúns peixes, como o [[pacú]] e certas especies de [[salmónidos]].