Teoría neutralista da evolución molecular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
A '''teoría neutralista da evolución moleclar''' é unha teoría evolutiva que considera que a [[secuencia de ADN|nivel molecular]] a maioría dos cambios [[evolución|evolutivos]] e a maioría da variación nunha especie e entre especies non son causadas pola [[selección natural]] senón pola [[deriva xenética]] de [[alelo]]s [[mutación|mutantes]], que teñen un efecto neutro ou neutral. Unha [[mutación neutra]] é aquela que non afecta á capacidade dun organismo para sobrevivir e reproducirse. A teoría neutralista permite a posibilidade de que a maioría das mutacións sexan deletéreas, pero sostén que como estas son rapidamene eliminadas pola selección natural, non fan contribucións significativas á variación nunha especie e entre especies a nivel molecular. Asúmese que as mutacións que non son deletéreas son principalmente neutras en vez de beneficiosas. Ademais de asumir a primacía das mutacións neutras, a teoría tamén asme que o destino das mutracións neutras está determinado polo proceso de mostraxe descrito para modelos específicos de deriva xenética aleatoria.<ref name=Kimura83>Kimura, Motoo. (1983). ''The neutral theory of molecular evolution.'' Cambridge</ref>