Teoría neutralista da evolución molecular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Introdución ==
 
Aínda que algúns científicos como Freese (1962) <ref>Freese, E. (1962). On the evolution of base composition of DNA. J THeor Biol, 3:82-101.</ref> ande Freese ande Yoshida (1965),<ref>Freese, E. and Yoshida, A. (1965). The role of mutations in evolution. In V Bryson, and H J Vogel, eds. Evolving Genes and Proteins, pp. 341-55. Academic, New York.</ref> indicaron que as mutacións neutras estaban probablemente moi estendidas, non se propuxo unha teoría coherente da evolución neutralista ata que o fixeron, independentemente, [[Motoo Kimura]] en 1968,<ref>Kimura M. (1968). Evolutionary Rate at the Molecular Level. ''Nature'' 217:624-6.</ref> e King e Jukes en 1969.<ref>King JL, Jukes TH. (1969). Non-Darwinian Evolution. ''Science'' 164:788-97.</ref>
 
Kimura, King, e Jukes suxeriron que cando se comparan os [[xenoma]]s das especies existentes, a gran maioría das diferenzas moleculares son "neutras" en canto á selección natural, é dicir, os cambios moleculares representados por estas diferenzas non inflúen na eficiencia biolóxica ou ''[[fitness (bioloxía)|fitness]]'' dos organismos. Como resultado, a teoría considera que estas características xenómicas non están suxeitas nin se poden explicar por selección natural. Esta idea está baseada en parte en que o [[código xenético]] está [[dexeneración do codón|dexenerado]], que quere dicir que pode haber varias secuencias distintas de tres [[nucleótido]]s ([[codón]]s) que codifican o mesmo [[aminoácido]] (por exemplo, os codóns ''GCC'' e ''GCA'' codifican ambos a [[alanina]]). Consecuentemente, moitos cambios potenciais dun só nucleótido son "silenciosos" ou "non expresados", se ocurre que o codón que codificaba un aminoácido cambia a outro codón que tamén codificaba ese mesmo aminoácido. Tales cambios considérase que teñen pouco ou ningún efecto biolóxico.