Pardo de Cela: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 60:
=== O enfrontamento coa coroa ===
O seu apoio a [[Isabel a Católica]] contra a pretendente lexítima [[Xoana a Beltranexa]] foi axiña recompensada pola nova raíña ratificando todos os seus privilexios e sendo confirmado no seu cargo de alcalde de Viveiro. Pero o mariscal non ía acomodarse á política de control da nobreza dos novos reis e logo entrou en conflito con eles. No [[1476]] é destituído da alcaldía polos [[Reis Católicos]] e o posto de alcalde pasa a ser para Xoan de Viveiro, quen xa fora alcalde antes de que [[Enrique IV]] nomeara a Pardo de Cela. A historia é moi curiosa xa que a muller de Xoan de Viveiro era María de Acuña, a madriña do casamento dos Reis Católicos. Pedro Pardo tiña o poder do Señorio de Vieiro xa que o rei Enrique IV llle recompesou polo seu apoio. Pero cando este morreu, Pardo de Cela xa non tiña un valedor polo que o Señorio volveu as mans de Xoan de Viveiro. Isto condicionou moito a relación de Pedro Pardo cos Reis Católicos. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes [[Fernando de Aragón]] prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación. Ese mesmo ano os Reis Católicos escriben aos concellos de Santa Marta de [[Ortigueira]] e [[Mondoñedo]] para que non o deixen entrar nas súas lindes. É neste clima de enfrontamento cos cidadáns e coa coroa que chega a Galiza en [[1480]] [[Fernando de Acuña]] con ordes claras de pacificar o reino e restabelecer os dereitos usurpados, como lle escribiu a raíña ese mesmo ano:
{{Cita|en el reino de Galicia ay muchas fortalezas roqueras e otras casas fuertes en que se an fecho muchos daños, e robos, e muertes... por ende mandamos que todas las fortalezas e casa fuertes que bos entendierades que son dañosas.. sin dilaçión alguna las tomedes e derribedes<ref>Laura Fernández Vega, ''La Real Audiencia de Galicia'', [[Deputación Provincial da Coruña]], 1982 pp 8-9.</ref>}}
|