Isiah Thomas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 50:
Foi seleccionado por [[Detroit Pistons]], de onde xa non se movería, na segunda elección da primeira rolda do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1981]] (o primeiro posto foi para [[Mark Aguirre]] para [[Dallas Mavericks]]). Na súa primeira tempada conseguiu que o seu equipo mellorase os seus números, incrementando en 19 as vitorias, cunhas estatísticas de 17 puntos e 7,8 asistencias, o que fixo que fose elixido no mellor quinteto de ''rookies'' e seleccionado para o [[All-Star Game|All Star]] como titular no [[1982|82]]. A súa primeira aparición nas finais da [[NBA]] produciuse en [[1988]], contra os [[Los Angeles Lakers|Lakers]] do seu bo amigo [[Magic Johnson]]. Chegou a liderar Detroit as series por 3 a 2, a unha vitoria do título. No sexto partido conseguiu un Record da NBA ao anotar 25 puntos nun cuarto nunhas finais, mais non foi dabondo para gañar. Unha falta persoal moi discutida de [[Bill Laimbeer]] sobre [[Kareem Abdul-Jabbar]] propiciou que este último anotase dous tiros libres que deron a vitoria ao equipo [[California|californiano]] 103-102. No sétimo e definitivo partido, os Lakers impuxéronse 108 a 105.
 
Ao ano seguinte, xunto cos seus compañeiros [[Joe Dumars]], [[Rick Mahorn]], [[Vinnie Johnson]], [[Dennis Rodman]], [[James Edwards]], [[John Salley]], e [[Bill Laimbeer]], cos que formaba os míticos "bad boys" (''mozos malos''), conseguiron un record de vitorias na franquía, e plantáronse de novo nas finais, e outra vez contra os Lakers. Esta vez todo foi diferente, gañando os Pistons por 4-0. Ao ano seguinte repetirían triunfo, esta vez ante os [[Portland Trail Blazers]], sendo elixido [[MVP das finais da NBA|MVP das Finais]]. Retirouse en [[1994]], tras ter unha media durante toda a súa carreira de 19,2 puntos, 9,3 asistencias (cuarto mellor da historia) e 3,6 rebotes. A súa camiseta co número 11 foi retirada como homenaxe por [[Detroit Pistons|Detroit]]. Está considerado o mellor "Piston" da historia.
 
==== Equipos ====
Liña 77:
{{NBA50}}
{{ORDENAR:Thomas, Isiah}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]