Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
== Características técnicas ==
[[Ficheiro:LuaApolosApollo landing sites.JPGjpg|300-px|miniatura|dereita|Lugares de aluaxe das misións Apollo.]]
 
As naves espaciais Apollo estaban formadas por tres seccións: un módulo de mando onde estaban as provisións e o aloxamento dos tres astronautas, un módulo de servizo onde estaba o motor principal da nave, que xeraba a enerxía eléctrica necesaria e controlaba o sistema de soporte vital da tripulación, e o módulo lunar co que os astronautas viaxaron á Lúa. Non tiña ningún tipo de asento, só o espazo xusto para que coubesen dous astronautas de pé. Unha vez na Lúa saían a explora-la superficie. No voo de regreso á Terra, o módulo de servizo era abandonado e os astronautas regresaban no módulo de mando. Nas derradeiras misións do Apollo xa se incluíu outra parte máis experimental do programa, os vehículos lunares. O vehículo lunar, tamén chamado "rover", era un coche pregable con tracción ás catro rodas e alimentado por baterías. Tiña unha velocidade máxima de 14 km/h e ía equipado con cámaras para grava-las misións, antenas e bolsas para recolle-las mostras de solo. Chegou á Lúa fixado ó exterior do módulo lunar.