Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 131:
=== Apollo 17. Saturn V. AS-512 ===
{{Artigo principal|Apollo 17}}
[[Ficheiro:NASA Apollo 17 Lunar Roving Vehicle.jpg|miniatura|dereita|O Moon Rover na misión Apollo XVII.]]
 
A última misión do programa luar despegou ás 12:33 do xoves 7 de decembro de 1972 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy. 11 minutos e 53 segundos despois da ignición entraba en órbita terrestre. Despois de dar dúas revolucións, as 08:45:37 do tempo universal o Apollo 17 foi inserido en curso transluar. Durante a viaxe, de 13 días de duración participaron o veterano astronauta Cernan (piloto naval, que xa voara na Geminis 9 e no Apollo 10, última persoa en deixar pegada na Lúa, na chaira de Taurus-Littrow, 20º 10' N e 30º 46' E), o xeólogo Harrison H. Schmitt (adestrado coma piloto da forza aérea especialmente para ir á Lúa como piloto do módulo lunar, único científico que estivo alí), e Ronald B. Evans. Os dous primeiros pasaron 75 horas na Lúa (récord de permanencia) e recorreron 35 km no Moon Rover, explorando a zona do val do Taurus- Littrow, un canón situado xunto ó mar da Serenidade, mentres Ronald B. Evans permanecía en órbita no módulo de mando América arredor do satélite con cinco ratos para estudios.