FC Bayern München: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
m *amateur>afeccionado (via AWB script)
Liña 62:
Nos anos da posguerra, o Bayern gañou varias competicións rexionais antes de gañar o seu primeiro Campionato do Sur de Alemaña en [[1926]], éxito que se repetiu dous anos máis tarde. O seu primeiro [[Fußball-Bundesliga|título nacional]] non o conseguiu até [[1932]], cando o adestrador [[Richard Kohn]] dirixiu ao equipo cara ao campionato alemán derrotando por 2 a 0 ao [[Eintracht Frankfurt]] na final.
 
A chegada do [[nazismo]] puxo un fin repentino ao auxe do Bayern. Tanto o presidente como o adestrador eran [[xudeu]]s, polo que tiveron que abandonar o país, así como outros moitos membros do club. O Bayern mesmo foi chamado como "club de xudeus" e, como club semi-profesional que era, o Bayern viuse afectado polo goberno, polo que os xogadores tiveron que volver ser de novo amateursafeccionados. Así, o club non puido manterse no seu papel de competidor polo [[Fußball-Bundesliga|título nacional]], polo que pasou ser un equipo que loitaba por chegar aos postos da metade da táboa nas ligas rexionais.
 
Despois da guerra o Bayern fíxose membro da [[DDR-Oberliga|Oberliga Süd]], a división sur da [[Fußball-Bundesliga|primeira división]] da [[Alemaña Occidental|Alemaña Federal]], a cal estaba dividida en cinco divisións naquel entón. O Bayern loitou, contratando e despedindo a trece técnicos entre [[1945]] e [[1963]]. En [[1955]] descenderon, pero retornaron á ''Oberliga'' ao ano seguinte, gañando na seguinte tempada, e gañaron a súa primeira [[Copa de Alemaña]] tras derrotar ao [[Fortuna Düsseldorf]] por 1 a 0 na final. O club forcexaba economicamente, estando ao bordo da bancarrota a finais dos anos [[1950]]. Finalmente, Roland Endler proveu ao club cos fondos necesarios, sendo recompensado con catro anos á cabeza do club. En [[1963]] as ''Oberliga'' alemás foron fusionadas nunha soa liga nacional, a actual [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]], para a cal foron seleccionados cinco equipos da Oberliga Süd. O Bayern terminara ese ano en terceiro lugar, pero outro equipo de [[Múnic]], o [[TSV 1860 München|1860 München]], gañara o campionato e como a [[Federación Alemá de Fútbol]] prefería non incluír dous equipos dunha mesma cidade, o Bayern non foi seleccionado para a Bundesliga. O equipo ascendeu dous anos máis tarde xogando cun equipo de novos talentos como [[Franz Beckenbauer]], [[Gerd Müller]], e [[Sepp Maier]], que máis tarde serían colectivamente coñecidos como "o eixo".