Baler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
engado un apartado de historia que ven de es:Sitio de Baler
Liña 1:
{{xeografía en progreso}}
{{sen referencias}}
'''Baler''' é un municipio da [[provincia de Aurora]], nas [[Filipinas]]. Conta con 29 923 habitantes repartidos en 13 barangays. Baler é o centro político e comercial de Aurora, e é a cidade natal de [[Manuel Luis Quezón]], o primeiro presidente das Filipinas.
 
Baler é célebre pola defensa da igrexa feita por un destacamento español durante a [[guerra hispano-estadounidense]] de [[1898]], a resistencia seguiu ata tres meses despois de rematada a guerra. Eses soldados coñecéronse como ''Os derradeiros de Filipinas'' nas fontes [[España|españolas]].
 
== Historia ==
=== Fundación e período español ===
A área onde se atopa [[Baler]] foi explorada en 1572 por [[Juan de Salcedo]], o primeiro europeo que visitou a zona no seu periplo explorador da costa oriental de [[Luzón]],<ref name="angara">{{cita web | url=http://www.aurora.ph/baler-aurora-book/index.html | título=History (of Baler) | autor=Discover Aurora | dataacceso=20 de outubro de 2011 | lingua=[[idioma inglés|inglés]]}}</ref> o que os españoles denominaban «Contra Costa»,<ref name="quezon">{{cita web | autor=Quezon Province | título=History of Quezon | url=http://www.quezon.gov.ph/about/history.html | lingua=[[idioma inglés|inglés]] | dataacceso=24 de outubro de 2011|url-arquivo=http://web.archive.org/web/http://www.quezon.gov.ph/about/history.html|dataarquivo=3 de decembro de 2015}}</ref> ao acharse no extremo oposto a [[Manila]] da illa de Luzón. En [[1609]], misioneiros [[franciscano]]s encabezados por frei [[Blas Palomino]] cruzaron a [[Sierra Madre, Filipinas|Sierra Madre]] e fundaron o poboado de [[Baler]]<ref name="nhi">{{cita web | autor=National Historical Commission of the Philippines | url=http://www.nhi.gov.ph/index.php?option=com_content&task=view&id=160 | título=History of Baler | dataacceso=20 de outubro de 2011 | lingua=[[idioma inglés|inglés]]}}</ref> na costa do Pacífico, as beiras da baía que tomou o nome do poboado, a [[baía de Baler]], e xunto á desembocadura do río San José (actualmente Aguang). Aínda que en liña recta non se encontraba a máis de 150 km de [[Manila]], a actual estrada desde a capital, que recorre a [[Sierra Madre, Filipinas|Sierra Madre]], ten uns 232 km.<ref name="Armengol93">{{cita Harvard|Ortiz Armengol|1990|pp=93}}</ref> A dificultade de acceder a Baler por terra orixinaba que as comunicacións coa capital do arquipélago se fixera por mar. En 1753, un [[tsunami]] arrasou Baler e tomouse a decisión de reconstruílo media [[legua]] cara o interior,{{harvnp|Ortiz Armengol|1990|pp=96}} nuns terreos elevados,<ref name="Selaznog">{{cita Harvard|Selaznog|2005}}</ref> tamén as beiras do río San José, pero protexidos ao leste polas montañas que formaban o cabo Punta do Encanto, que pechaba a baía de Baler polo sur.
 
Durante a administración española de Filipinas, a [[illa de Luzón]] encontrábase dividida en provincias.{{harvnp|Ortiz Armengol|1990|pp=92-93}} De elas íanse desgaxando, cando acadaban un nivel de desenvolvemento suficiente, territorios que se ían catalogando como distritos. En 1818, a área de Baler foi transferida da provincia de [[Tabayas]] (coincidente a grandes trazos coa actual [[provincia de Quezón]]) á provincia de [[Nueva Écija]].<ref name="angara" /> En 1856, os territorios de Nueva Écija situados entre a [[Sierra Madre, Filipinas|Sierra Madre]] e o [[océano Pacífico]] foron desgaxados para constituír o [[distrito de El Príncipe]]. As principais localidades deste novo distrito eran [[Baler]], a capital («cabeceira» na terminoloxía da época, ao tratarse dun establecemento de baixo rango, do novo distrito), [[Casigurán]] (ambas na costa, situada esta última a uns 16 km de Baler) e [[Maria Aurora|San José de Casignán]] (actual María Aurora, no interior, a 15 km de Baler).<ref name="Armengol93" /> Relixiosos [[franciscano]]s se encargaban da atención relixiosa da localidade desde a súa fundación (salvo un periodo de corenta e cinco anos, entre 1658 e 1703, en que foron substituídos por [[agustinos recoletos]]).<ref name="angara" />
[[Ficheiro:SituacionBALER.jpg|miniatura|170px|esquerda|Situación de [[Baler]] respecto a [[Manila]] e [[Casigurán]].]]
 
Á fronte do distrito encontrábase un comandante político-militar con residencia en Baler, posto desempeñado por un capitán do Exército, o cal, en virtude do seu cargo, era tamén delegado de [[Facenda]] para a recaudación de impostos, subdelegado de Mariña, xuíz de primeira instancia e administrador da oficina de [[correos]].<ref name="Armengol95">{{cita Harvard|Ortiz Armengol|1990|pp=95}}</ref> En 1897 o pobo compoñíase dunha igrexa coa residencia do párroco contigua (habitualmente denominado «convento» na Filipinas española), a casa do comandante e barracones para a tropa, ademais das vivendas dos habitantes do poboado. A guarnición permanente consistía nun destacamento da [[Garda Civil]] cun cabo, «europeo», e cinco números filipinos.{{harvnp|Ortiz Armengol|1990|pp=106}} Habitaban a poboación unhas 1700 persoas.<ref>1688 habitantes según {{cita Harvard|Leguineche|1998|pp=258}}</ref>
 
=== A igrexa de Baler ===
{{VT|Sitio de Baler}}
A igrexa, o edificio máis sólido do poboado, foi construída despois da refundación de Baler en 1735, co obxectivo de que resistise os fenómenos meteorolóxicos extremos ([[tifón]]s, [[inundación]]s, [[tsunami]]s) que caracterizan a área. Os muros, de metro e medio de espesor, consistían nunha amalgama de pedras, cal e arena.<ref name="Armengol97">{{cita Harvard|Ortiz Armengol|1990|pp=97}}</ref> Ademais da súa solidez, a igrexa era un edificio simbolicamente da maior importancia, posto que ademais das cerimonias relixiosas, era a sede do [[párroco]], depositario de inmensos poderes non só espirituais, senón tamén temporais. Tiña unha forma aproximadamente rectangular, de 30 metros de lonxitude e 10 de anchura, con orientación sur-norte. Tiña seis ventás, dous delas na fachada principal, que daba ao sur.{{harvnp|Leguineche|1998|pp=262}} A torre do campanario era de madeira e o teito, a [[dúas augas]], de [[cinc]]. Contigua á igrexa, á esquerda da entrada principal, encontrábase o convento, de dez metros de lonxitude e tres de anchura. A súa esquerda, un curral duns cinco por cinco metros. Tamén no lado esquerdo (oeste) da igreza, estaba a [[sacristía]]. Sacristía e convento estaban comunicados mediante un pequeno patio.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==