Ilota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 5:
Canto maior era o seu número, máis crecía a desconfianza e crueldade con que os espartiatas os trataban, até o punto que había un ritual (a ''Krypteia'') organizado á mantenta para a persecución e o exterminio dos ilotas. Ademais, o flaxelado público anual e o vestir diferentes, funcionaba como medida intimidatoria para que non se sublevasen.
 
Os ilotas son os campesiños de Esparta. Eran descendentes das comunidades campesiñas sometidas á forza polos dirixentes. O seu ''status'' créase coa reforma de [[Licurgo (lexislador)|Licurgo]]. Non son estritamente escravos, senón servos: pertencen ao Estado, están adscritos á propiedade que cultivan, non podían ser obxecto de comercio, poden casar e ter fillos e quedan cos froitos do seu traballo unha vez deducida a renda que corresponde ao titular da facenda.
 
De modo excepcional, os ilotas podían ser recrutados para o exército e liberados logo. Moito máis numerosos que os cidadáns, a reforma de Licurgo deixounos por completo á marxe da vida social. Os “Iguais”, que temían a súa rebelión, declarábanlles solemnemente a guerra cada ano, humillábanos e aterrorizábanos (''Krypteia'').