Diferenzas entre revisións de «Ilota»

O antagonismo entre ilotas e espartanos constituíu sempre unha constante da política interior e exterior do Estado espartano. Uns e outros vivían nunha situación de continua tensión. Os ilotas mantiñan aos espartanos baixo a constante ameaza da revolta. Hai que ter en conta que os ilotas excedían en número aos cidadáns nunha proporción de vinte a un, e que eran o núcleo da produción agrícola espartana. Por outra banda, os espartanos, temendo tal rebelión, dubidaban sempre en embarcárense en campañas militares que os levasen fóra de Esparta. Ademais, para manter subxugados aos ilotas, institucionalizaran a ''krypteía.'' Cada ano, os éforos declaraban a guerra aos ilotas. Os mozos espartanos, na súa formación como guerreiros, dispersábanse polas rexións rurais onde vivían os ilotas e atacaban, durante a noite, os poboados ilotas para matar aos contestatarios e posíbeis xefes.
 
A pesar de todo, como consecuencia da angustiosa necesidade de Esparta de cidadáns (''[[homoioi]]''), a presenza no exército espartano de ilotas foi cada vez máis frecuente. Os ilotas servían como infantaría lixeira ou como remeiros na flotafrota. Durante a [[Guerra do Peloponeso]], mesmo loitaron como infantaría pesada (hoplitas). Os ilotas que se distinguían en batalla podían ser mesmo liberados (os ''neodamodes''). Con todo, os ilotas non desapareceron e cando os [[Exército romano|romanos]] invadiron Laconia en [[-195]], aínda atoparon alí ilotas que vivían no seu tradicional estado.
 
Segundo autores como [[Arnold Joseph Toynbee|Arnold J. Toynbee]], o sistema de sometemento dos ilotas, consecuencia das conquistas espartanas, foi o feito que produciu o estancamento de Esparta, a súa incapacidade para asumir o liderado de Grecia e o seu definitivo fracaso.
52.506

edicións