Diferenzas entre revisións de «Ilota»

 
== Etimoloxía ==
A palabra provén do [[Lingua latina|latín]] Ilōta, e este do [[Lingua grega antiga|grego]] Εἱλώτης (Heilṓtēs)<ref>[http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ilota Definición no Dicionario da RAG]</ref>. A [[etimoloxía]] que relaciona o termo εἵλως, -ωτος (heílōs, -ōtos) co nome da cidade de Helos ([[Lingua grega antiga|grego antigo]] Ἕλος), situada ao sur de Esparta, xa aparece en [[Helánico de Mitilene|Helánico]] e [[Teopompo]], pero é pouco verosímil, tanto no aspecto histórico como no lingüístico.<ref>[[Helánico de Mitilene|Helánico]], frag. 188 J).</ref>.
 
Respecto diso, [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] afirma: «Eles foron os primeiros chamados ilotas»<ref>Pausanias, ''Descrición de Grecia'', III, 20, 16.</ref>. O nome sería pois un simple etnónimo. A explicación é pouco plausíbel no plano histórico e imposíbel no plano [[Fonética|fonético]]<ref>Pierre Chantraine, ''Dictionnaire étymologique de la langue grecque'', Klincksieck, Paris, 1999 (édition mise à jour), [[:es:Special:BookSources/2252032774|ISBN 2-252-03277-4]], ''s. v.'' Εἵλωτες, p. 321b.</ref>. Propúxose relacionar a palabra co aoristo do verbo [[Lingua grega antiga|grego antigo]] ἁλίσκομαι, ''halískomai'', «ser capturado, estar prisioneiro» (grego antigo ϝαλῶναι). De feito, algúns autores non consideran a palabra como un simple etnónimo, senón como un nome con connotación. Antíoco de Siracusa escribe: «[eles] foron decretados escravos e chamados ilotas», mentres que Teopompo apunta: «chamaron ás poboacións servís, a uns, ilotas, a outros, penestes»<ref>Antíoco de Siracusa, frag. 13, conservado por [[Estrabón]], ''Xeografía'', VI, 3, 2.</ref><ref>[[Teopompo]], frag. 122, conservado por [[Ateneo de Naucratis|Ateneo]], ''Banquete dos eruditos'' VI, 265b–c.</ref>. Con todo a explicación é dubidosa: non se pode concluír que o nome non ten etimoloxía<ref>Chantraine, ''[[Ibídem|ibid.]]'', apoiado por Ducat [1990], p.&nbsp;10.</ref>.
52.506

edicións