Lira italiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 25:
No ano [[1807]], o [[Reino de Italia (1805-1814)|Reino Napoleónico de Italia]], que ocupaba o norte da actual [[Italia]], presentou á lira como a súa moeda. Ao igual que o [[franco francés]], estaba dividida en 20 ''soldi'' ou 100 ''centesimi''. Esta lira estivo en circulación ata que o reino caeu en [[1814]].
 
Trala creación do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] baixo o goberno de [[Víctor Manuel II]] en [[1861]], unha lira estableceuse en, 4,5 gramos de [[prata]] ou 290,322 miligramos de [[ouro]]. Isto foi unha continuación directa das liras empregadas no [[Reino de Sardeña]]. Outras moedas que substituíron á lira italiana foron o [[florín]] de [[Lombardía]], a [[piastra]] de [[Reino das Dúas Sicilias|Dúas Sicilias]], o [[florino]] de [[Toscana]], o [[escudo (Vaticano)|escudo]] do [[Vaticano]], e as liras de [[Parma]]. No [[1865]], Italia formou parte da [[Unión Monetaria Latina]], establecéndose unha igualdade entre o seu valor e o do [[franco francés]], o [[franco suízo]] e o [[franco belga]].
 
A [[Primeira Guerra Mundial]] acabou coa [[Unión Monetaria Latina]], traducíndose isto nun aumento dos prezos en toda Italia. A inflación foi freada polo xefe do estado e ditador [[Benito Mussolini]], quen o [[18 de agosto]] de [[1926]], estableceu que o tipo de cambio entre as liras e a [[libra esterlina]] sería de £1 = 90 liras, aínda que a taxa de cambio real estivera próxima ás 140-150 liras por libra. En [[1927]] un [[dólar estadounidense]] equivalía a 19 liras. Este cambio perdurou ata [[1934]], cunha taxa de cambio separada para os turistas, de US$1 = 24,89 liras. No ano [[1939]], o cambio oficial foi de 19,8 liras por dólar.