Real Expedición Filantrópica da Vacina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m retoque
Liña 5:
O rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a [[Infanta]] [[María Luísa]] sufrira tamén a enfermidade. Até entón, a varíola mataba, desfiguraba ou incapacitaba a unha parte moi importante da poboación. O nome de Balmis quedou para sempre unido a esta expedición.
 
A viaxe, a última das grandes expedicións científicas españolas da época da [[Ilustración]], partiu do porto da [[A Coruña|Coruña]] o [[30 de novembro]] de [[1803]], ao mando de Balmis, na [[goleta]] ''María Pita'', cunha pasaxe formada por un fato de rapaces do [[hospicio]] daquela cidade, que foron previamente inmunizados durante a viaxe e serviron de receptáculos viventes dos anticorpos antivariólicos, rematando en [[Lisboa]] o [[14 de agosto]] de [[1806]]. Está considerada como a primeira expedición sanitaria internacional na historia, e conseguiu vacinar a centos de miles de persoas para protexelas do temido mal.