Celtas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m *sua>súa (via AWB script) |
m ort. |
||
Liña 1:
{{Fusión
{{Outroshomónimos|Celta (homónimos)}}
[[Ficheiro:Celts in Europe.png|300px|miniatura|dereita|Distribución dos pobos celtas: <br />
Liña 8:
{{legend|#1a8000|Áreas onde as linguas celtas teñen presenza actualmente}}
]]
{{Linguas Indoeuropeas}}
Os '''celtas''' foron unha das [[cultura]]s que xurdiron do tronco común [[pobos indoeuropeos|indoeuropeo]]. No terceiro milenio A.C. estes grupos expandíronse polo [[Cáucaso]] e Sur de [[Rusia]], pero no II milenio A.C., quizais polo aumento da poboación, dislocáronse cara o Oeste, asentándose nas rexións entre o [[río Rin]] e o [[río Danubio|Danubio]], no territorio da actual [[Alemaña]]. Estas poboacións coñécense como ''protoceltas'' referíndose a elas como [[Cultura dos Campos de Furnas]].
== Hallstatt ==
A primeira [[Idade de Ferro]] céltica data de arredor dos séculos VIII e V A.C. e recibe o nome da necrópole [[austria]]ca de [[Hallstatt]], asentamento asociado ás minas de sal. Nela aparecen por vez primeira a diferenciación social e unha clase dirixente. Esta clase dirixente controlaba os medios de produción, as vías de comunicación e a terra, ou sexa o resto da sociedade. Esta situación de privilexio é posíbel que se transmitise de pais a fillos ou por grupos de guerreiros que se foron impoñendo progresivamente aos demais. Coñécense polo nome dos "príncipes", mais que nada pola riqueza atopada nos seus enterramentos, con xoias de ouro, [[cerámica grega|cerámicas gregas]], bronces [[etrusco]]s, [[fíbula]]s e [[Torque (colar)|torques]]. As fíbulas eran a modo de pasadores para suxeitar as roupas de vestir. Os torques como un tipo de colar de metal, ouro ou bronce e nos extremos con tapóns esféricos. Tamén os soterraban coas súas armas, as frechas, puñais, espadas, anzois, útiles de barbear e peitear etc.
Os lugares onde habitaban eran residencias fortificadas, rodeadas de [[foxo]] e murallas, en cuxo interior se distribuían as casas. Non existían avenidas nin edificios senlleiros, só espazos abertos que servían de lugar de reunión. Nestas residencias vivían os "príncipes" e a súa familia, os guerreiros e serventes. O pobo habitaba nas aldeas, pero cando aparecía un problema, acollíanse xunto o gando tras as murallas. Como controlaban o comercio, estas residencias construíanse en lugares estratéxicos para protexer as rotas comerciais.
== La Tène ==
[[Ficheiro:Hallstatt LaTene.png|miniatura|esquerda|300px|Mapa mostrando a distribución da cultura [[Cultura de Hallstatt|Hallstatt]] e [[Cultura de La Tène|La Tène]].
{{legend|#f6bc0a|O centro do territorio Hallstatt (sobre o 800 AdC) móstrase en amarelo escuro, }}
{{legend|#d5c089|a eventual área de influencia da cultura Hallstatt (sobre o 500 AdC) en amarelo claro.}}
{{legend|#80da34|O centro do territorio da cultura La Tène (450 AdC) móstrase en verde escuro, }}
{{legend|#9bce9b|a eventual área de influencia da cultura La Tène (sobre o 50 AdC) móstrase en verde claro. }} ]]
Este tipo de organización desaparece no século V A.C. co desenvolvemento do estilo de [[La Tène]], que abarca entre este século e a dominación [[roma]]na. Desaparecen os "príncipes". Só unha caste de guerreiros son os dominantes e aparece o xefe, elixido entre eles e coidador da tribo e clans.
A cultura de La Tène coincide no tempo coas invasións celtas. Así, no ano [[-390|390]] A.C. Roma é saqueada. No [[-280|280]] a.C. invaden [[Reino de Macedonia|Macedonia]], aséntanse na [[Tracia]] e polo Norte chegan a [[Inglaterra]] e [[Irlanda]]. Aparecen os grandes asentamentos, coñecidos como ''[[oppidum|oppida]]''.
Os ''oppida'' eran asentamentos fortificados, comunmente sobre un outeiro, rodeados de grandes foxos e murallas, con pesadas portas: atopábanse preto das grandes vías de comunicación, ou xacementos de materias primas como minas de ferro, ouro, sal etc,... Tiñan dimensións variábeis, pero algúns eran enormes, como o de [[Manching]], de 380 hectáreas. Cumprían diversas funcións: campamento militar, centro relixioso, control de puntos económicos, estratéxicos e territorial. De cando en vez celebrábase o mercado. A aparición dos ''oppida'' conleva grandes cambios económicos e sociais. Os guerreiros van perdendo poder a mans dunha oligarquía non guerreira. Esta organización mantense deica o final do celtismo e a romanización dos pobos celtas.
== Cultura ==
[[Ficheiro:Celtic ceramic.JPG|miniatura|Cerámica celta]]
Os celtas eran xente de pel clara e longos cabelos, que acostumaban levar soltos ou anoados en xeito de trenzas. Segundo os ''Comentarios da Guerra das Galias'' de [[Xulio César]], eran valentes no combate, traballadores, supersticiosos e moi relixiosos. Tiñan un grande senso da hospitalidade e xamais preguntaban aos seus invitados polo seu nome e de onde procedían até rematar o xantar.
Non practicaban a [[escrita]], e na poesía e na música, os [[bardo]]s ensinaban a historia dos seus devanceiros e a mitoloxía celta.
Vestían saio, pantalóns bombachos e blusas con manga longa dunha la tecida dun xeito moi especial. No armamento usaban espada longa, escudo oblongo dunhas grandes dimensións, longas picas e unha especie de [[xavelina]] que chamaban "mandari".
Nos tempos finais a súa organización básica eran os clans, agrupándose arredor dun nobre. Diferentes clans formaban unha tribo. Cara a supremacía, os clans facían a guerra entre si e do mesmo xeito, unhas tribos contra outras.
Entre os celtas existían tres clases sociais: o pobo, os nobres e os [[druída]]s.
O pobo non tiña dereito a ser consultado nin a formar parte das asembleas. Os nobres toman parte na guerra e segundo a súa fortuna e nacemento tiñan en torno de seu un maior ou menor número de clientes.
[[Ficheiro:Two Druids.PNG|miniatura|Dous [[druída]]s, encontrado no baixo-relevo de Autun]]
Os [[druída]]s eran a clase social sagrada para os celtas. Requiríase anos de estudo intenso para formar parte dela. Encargábase da educación dos fillos dos nobres, considerábanse os máis sabios e xustos dos homes ao estar en contacto cos deuses e confiábanselle os xuízos. Adicábanse aos oficios divinos, facían os sacrificios e practicaban os ciencias da natureza e consagraban a parte moral da súa filosofía. Eran venerados por todas as tribos, non ían á guerra e mesmo podían deter unha batalla paseando polo medio dos contendentes onde se celebrase. Representaban o vínculo que mantiña unidos os celtas: a relixión.
O seu máximo dogma era a inmortalidade da alma e do universo. Tiñan como árbore sagrada o [[carballo]] e todo o que medraba a carón del tiña alento divino. O [[visgo]] era a planta sagrada. Elixían carballeiras para facer os seus ritos. Cando atopaban visgo nun carballo, recollíase con grande solemnidade o sexto día da lúa. Organizábase un grande xantar baixo as ponlas do carballo, o druída vestíase cun saio branco e cortaba o visgo con un fouciño de ouro.
Os druídas de todas as tribos xuntábanse para elixir entre eles o druída supremo dos Celtas. Suponse que na [[Galia]] o bosque sagrado de carballos onde facían a xuntanza estaba no mesmo lugar onde hoxe se ergue a [[catedral de Chartes]]; o seu altar marca o lugar exacto onde os antigos druídas facían os seus sacrificios.
Cando a conquista romana, os druídas foron os primeiros en ser perseguidos, xa que eran o vínculo da ligazón entre os celtas, ademais promulgaban a revolta contra os romanos até conseguir botalos da Galia.
Pouco a pouco a cultura druída xunto coa civilización celta foise romanizando coa conquista da Galia. En Galiza, tamén Xulio César conquistou os derradeiros redutos celtas, así como a invasión da [[Britannia]], deixando os derradeiros redutos celtas na Irlanda, illa que mantivo por máis tempo a lembranza deste pobo.
== Véxase tamén ==
{{Commons|Celts}}
=== Outros artigos ===
* [[
* [[Cultura castrexa]].
* [[Linguas celtas]].
* [[Nacións celtas]].
=== Ligazóns externas ===
* Documental: [http://www.youtube.com/watch?v=ujYEVaK0Y90 El Legado Celta de Galicia], en castelán.
* [http://www.arkeotavira.com/Mapas/Iberia/Populi.htm Pobos prerromanos na Península Ibérica no 200 a.C.]
* [http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/index.html ''E-Keltoi''. Volume 6: The Celts in the Iberian Peninsula]
* [http://citania.csarmento.uminho.pt/default.asp?language=1 Citânia de Briteiros: visita virtual] {{pt}}
* [http://www.terrediconfine.eu/i-celti-tra-storia-e-leggenda.html I Celti tra storia e leggenda''] {{it}}
* [http://ngm.nationalgeographic.com/ngm/0603/feature3/map.html The Celtic Fringe] {{en}}
{{Celtas}}
|