Irmandade de San Marcos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
a 1ª edición deste artigo correspóndese cunha tradución total ou parcial de en:Brothehood of St. Mark
 
Xoacas (conversa | contribucións)
m ort.
Liña 3:
 
==Historia==
A irmandade orixinouse no século XV, descoñecéndose a data exacta da súa fundación, a presenza do león de San Marcos no escudo de armas de [[Hans Talhoffer]] nun manuscrito de 1459 levou a especular sobre se el sería un dos seus fundadores pero a primeira mención certa data de 1474. O grupo celebraba unha xuntanza anual en [[Frankfurt]], para elixir o seu [[Capitán (deporte)|capitán]] (''Hauptmann''). En 1487, [[Federico III de Habsburgo|Federico III]] concedeulle o monopolio do título de mestre de [[espada longa]]" (''Meister des langen Schwerts''), o que supuxo o seu recoñecemento efectivo como o [[gremio]] dos esgrimistas. Este título foi relevante para os [[Landsknecht]] (soldados mercenarios), xa que os certificaba como capecescapaces de levar un tipo de espada coñecido como [[Zweihänder]] que lles permitía recibir o dobre da paga normal.
 
A máis antiga referencia da Irmandade denomínaa ''bruderschafft Unserere lieben frawen und der reynen Jungfrawen Marien vnd des Heiligen vnd gewaltsamen Hyemelfursten sanct Marcen'' (Irmandade da nosa querida e pura virxe María e o santo e guerreiro príncipe San Marcos) e despois do seu recoñecemento por Federico denominouse habitualmente como "Marxbrüder", "Bruderschaft des heiligen Marren" ou "Bruderschaft des St. Markus" ("Irmáns Marx", "Irmandade de San Marcos").