Isabel Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 18:
En [[1946]] trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a Bos Aires, onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales|Federación de Sociedades Gallegas]], onde participou na comisión feminina e na de cultura.
 
A principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co [[PCE]] e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En [[1966]] debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a Chile e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de Chile e en 1971 pasou a ser consultor da FAO. En [[1973]] o golpe de Pinochet volve levala outra vez ao exilio trasladándose a [[Perú]]. En [[1975]] o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións aoen estado españolEspaña; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e estableceuse en [[Madrid]].
 
== Véxase tamén ==