Reganosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe de pintada e arranxiños
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 24:
'''Reganosa''' ('''Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima''') é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de [[gas natural]] licuado ([[GNL]]) a través da súa terminal de [[Mugardos]], na [[ría de Ferrol]]. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que [[Endesa]] e [[Unión Fenosa]] teñen nas [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]] e [[Sabón]] ([[Arteixo]]), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques [[LNG]] e camións cisterna.
 
== Inicios do proxecto ==
As orixes da planta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol<ref>{{cita web|apelidos=Sola|nome=Manuel V|título=Fenosa desafía en público a Enagas a que la planta de Ferrol funcionará en el 2005|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/22/974197.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz|editor=La Voz de Galicia|dataacceso=16 de outubro de 2013}}</ref>.
 
== Situación legal ==
[[Ficheiro:Mugardos-reganosa-1.JPG|miniatura|Reganosa en construción]]
[[Ficheiro:Reganosa pintada.jpg|thumb|esquerda|180px|Reganosa pintada para reducir o impacto visual.]]
[[Ficheiro:A ría é nosa, non de Reganosa.jpg|miniatura|Pintada en contra de Reganosa en Ferrol.]]
Dende que o [[grupo Tojeiro]], promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en [[Mugardos]], se formou un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O [[Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol]] acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da [[Unión Europea]] para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.
 
Coa chegada en maio de 2007 do ''[[Galicia Spirit]]''<ref>[http://economia.elpais.com/economia/2007/05/09/actualidad/1178695977_850215.html "El Galicia Spirit entra en Reganosa"], ''[[El País]]'', 9 de maio de 2007 {{es}}.</ref>, o primeiro gaseiro de 280 metros de [[eslora]] e 140.000 metros cúbicos de gas [[LNG]], á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a [[Garda Civil]] denunciou a varios [[Mariscador|mariscadores]] por desobediencia á autoridade. Oito de estes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012<ref>[http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/letras-de-cambio/39322-reviravoltas "Descamisados"], texto de Manuel Cendán en ''Diario de Ferrol''</ref> e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/07/10/penas-carcel-cierre-ria-barco-gasero/0003_201207F10C6992.htm "Penas de cárcel por el cierre de la ría a un barco gasero"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 10 de xullo de 2012 {{es}}</ref>.
Liña 39:
REGANOSA tivo un déficit de 58 millóns de euros en 2011.<ref>[http://praza.com/economia/1393/reganosa-funcionou-260-dias-por-debaixo-do-minimo-tecnico-de-seguridade-en-2011/ "Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011"], artigo en ''[[Praza Pública]]''.</ref> En outubro de 2013 a empresa anunciou o pintado dos tanques de gas do complexo para mellorar a súa imaxe e integración co contorno<ref>{{cita web|título=Reganosa pinta franjas verticales en los tanques|url=http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/reganosa-pinta-franjas-verticales-tanques/20131017232518062244.html|editor=Diario de Ferrol|dataacceso=18 de outubro de 2013}}</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.reganosa.com Páxina web de Reganosa] {{vl}}
* [http://cociudem.wordpress.com/ Blog do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol]
 
[[Categoría:Empresas de Galicia]]